XXIV MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI . TEATRO NO CAMIÑO

 XXIV MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI,

TEATRO NO CAMIÑO,  DO 22 DE AGOSTO AO 9 DE SETEMBRO



O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; as encargadas do apartado
de Produción Ana García Negro, Estrela Blanco Taboada, Xosé Eixo Branco, André
Vázquez García, Mercedes Irago García, María Xosé Mourenza García e o director
de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron está mañá no Salón de Plenos
do Concello, ás 12:00 horas, a XXIV MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO
AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada
pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en
colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.
Nesta vixésimo cuarta edición participarán compañías de Galicia e Cataluña.

O programa desta edición queda como segue:

MARTES, 22 DE AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
OBRA: As maletas dos contos viaxeiros.

MÉRCORES, 23 AGOSTO.
GRUPO: LILÂ TEATRO.
OBRA: Rara avis.
Esta actuación está subvencionada polas Áreas de Vicepresidencia e Cultura da
DEPUTACIÓN DE LUGO, a través do seu programa CIRCUÍTO DE TEATRO
PROFESIONAL 2023.

XOVES, 24 AGOSTO.
GRUPO: CURUXÁN TEATRO.
OBRA: Serendipia
Esta actuación está subvencionada polas Áreas de Vicepresidencia e Cultura da
DEPUTACIÓN DE LUGO, a través do seu programa CIRCUÍTO DE TEATRO
AFECCIONADO 2023.

VENRES, 25 AGOSTO.
GRUPO: GRUPO TEATRAL FARO MIÑO, de Chantada.
OBRA: Ave - Krem.

SÁBADO, 26 AGOSTO.
GRUPO: Metátese Teatro.
OBRA: Unha parada obrigada.

Entrega do VI PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO
EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL a SEMENTE LUGO – Escola de
Ensino Galego.

DOMINGO, 27 AGOSTO.
GRUPO: TEATREIRAS (Monforte).
OBRA: Inseguridade social.
Esta actuación está subvencionada polas Áreas de Vicepresidencia e Cultura da
DEPUTACIÓN DE LUGO, a través do seu programa CIRCUÍTO DE TEATRO
AFECCIONADO 2023.

MARTES, 29 DE AGOSTO.
GRUPO: A carballeira.
AUTOR/-A: Creación colectiva.
OBRA: Mortos de risa.

MÉRCORES, 30 DE AGOSTO.
GRUPO: Coles Teatro.
AUTOR/-A: Creación colectiva.
OBRA: Unha voda inesperada.

XOVES, 31 DE AGOSTO.
GRUPO: Alentía Teatro.
AUTOR/-A: Creación colectiva.
OBRA: Contos na escada.

VENRES, 1 DE SETEMBRO.
GRUPO: Avelino González.
OBRA: Contos de aldea
HORARIO: 20:30 horas.
LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.

SÁBADO, 2 DE SETEMBRO.
GRUPO: XII SON D’ALDEA
OBRA: A despedida.
Entrega de:
XXIII PREMIO MÁCARA: Rubén Riós.
XVIII PREMIO CAREÓN: Andrea García Martínez.

DOMINGO, 3 DE SETEMBRO.
GRUPO: Teatre del Talión (Lleida).
AUTOR/-A: Pedro Muñoz Seca.
OBRA: La venganza de Don Mendo.

VENRES, 8 DE SETEMBRO.
GRUPO: Noite Bohemia.
AUTOR/-A: Eurípides.
OBRA: Medea.

SÁBADO, 9 DE SETEMBRO.
GRUPO: Esteta Teatro.
AUTOR: David Vázquez.
OBRA: Escándalo’s club.

XXIII PREMIO MÁCARA: Rubén Riós.




XVIII PREMIO CAREÓN: Andrea García Martínez.




VI PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A
GABRIEL BARREIRO TOURAL: SEMENTE LUGO – Escola de Ensino Galego.




Todas as funcións serán ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Palas de
Rei, excepto a do venres 1, de setembro, que terá lugar no PARLADOIRO de
ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá, ás 20:30 horas; o sábado, 2 de
setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de CURBIÁN e que principaiará ás 10:00 horas no campo da festa desta
aldea.

O sábado, 2 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o
XVIII Premio Careón á escritora Andrea García Martínez en recoñecemento ao
seu labor como escritora, dinamizadora da cultura galega e defensora do mundo
rural. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXIII Premio Mácara a Rubén
Riós pola súa traxectoria profesional como actor, director e produtor e o seu apoio,
vivenciación e defensa da cultura rural.

 O sábado, 26 de agosto, ás 20:00 horas, na
Casa de Cultura de Palas, entregarase o VI PREMIO “GARABATO” Á
CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO
TOURAL,dotado con 1000 euros e figura ao SEMENTE LUGO – Escola de Ensino
Galego. Este premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E
CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA
TEATRO E METÁTESE TEATRO. Entre os argumentos empregados polo XURADO
destacan:
1.- O traballo decidido a prol da adquisición, conservación, coidado e consolidación da lingua
galega no alumnado.
2.- Favorecer e crear espazos pedagóxicos que propician:
A educación integral do alumnado.
A coeducación.
A interacción coa natureza.
Integración do contexto no lugar.

Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO
NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador
galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de trescentas compañías do
teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México,
Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...
METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación Teatral
Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación na
actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.

Para máis información:
http://teatrometatese.blogspot.com.es/
Ou nos teléfonos 655345123 (Afonso) ou 670523688 (Xosé Manuel)

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO NÓS GABRIEL !!









No hay comentarios:

Publicar un comentario