BRINQUEDOS

ESTE VENRES 19 DE XUÑO, METÁTESE TEATRO PRESENTA " BRINQUEDOS" EN FUNDACIÓN BOWLING MELIDE, ÁS 23:00 HORAS.

Xa sabedes que sodes sempre recibidos/as cos brazos abertos.

AGARDÁMOSVOS!!
VIDE DISFRUTAR DO TEATRO!!!


BRINQUEDOS invita ao espectador a entrar no mundo da creatividade, do xogo,da cor, do sorriso, da ledicia....como elemantos esenciais sobre o que se estructura a aprendizaxe dos persoaxes que transitan polas diveras historias deste espectáculo.

A través dun traballo interpretativo coral que combina linguaxe corporal, física e verbal ,producese unha reflexión intensa e caleidoscopica sobre unha tematica variada que afecta á consideración da MULLER no mundo actual, aos valores trnsmitidos polos contos tradicionais con respecto a todo o feminino, o papel da muller na sociedade actual, nos contidos da publicidade, nas revistas e programas do corazon , nas relacions de parella...
Varias propostas escenicas ensambladas coma un delicado mecanismo de reloxería, mimadas ata o máis mínimo detelle para acadr que o espectador transite polos carreiros da emoción, da sorpresa e da fantasía. unha obra ateigada de luz, movemanto , son ,cor,....adicada Á MULLER.





BRINCAS, SORRÍS E CAMIÑAS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

ACTUACIONS DAS AULAS DE TEATRO

As distintas Aulas de Teatro de :

-Escola Municipal de Teatro de Laxe
-Aula de Teatro do C.P.I. de Touro
-Obradoiro do Teatro Municipal de Palas de Rei
-Aula de Teatro do I.E.S  Antón Losada Diéguez da Estrada ," Avelaiñas Teatro"
-Aula de Teatro do I.E.S. de Melide " Teiroa Teatro ",
fixeron as súas ultimas actuacións da tempada, actuando o pasado 25 de abril  na III MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR, no Teatro Principal da Estrada; o 9 de Maio, na VIII MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO; e o pasado 30 de Maio  na VIII MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR DE LAXE, TEATRAPA.

Tamén do 13 ao 17 de Maio realizaron unha viaxe con marcado caracter didactico por cidades como Madrid, Cuenca e Valencia, donde tiveron diversas actuacións en distintos institutos de ditas localidades.

Remata así un ano mais cheo de experiencias, e sorrisos.
Grazas a tódalas Escolas que participaron nos distintos Festivais.





BRINCAS , SORRÍS E CAMIÑAS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

VIII FESTIVAL DE TEATRO DE PALAS DE REI

O Obradoiro Municipal de Palas de Rei organizou e participou no VIII FESTIVAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, que o pasado 11 de Abril se celebrou na Casa da Cultura de Palas de Rei e nas aldeas da Ulloa e Sambreixo.
Participaron nesta xornada cultural e festiva preto de 200 actores e actrices de cinco compañias de teatro de Melide, Laxe, Touro , A Estrada e Palas de Rei.





































BRINCAS , CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!