METÁTESE TEATRO: " O EUROMILLÓN "



METÁTESE TEATRO presenta a súa nova obra " O EUROMILLÓN " o próximo venres día 24 de Febreiro ás 23:00 horas na SALA A FUNDACIÓN , MELIDE.

O EUROMILLÓN é un espectáculo coral que aborda o complexo mundo dos concursos televisivos desde a perspectiva teatral da comedia. O EUROMILLÓN é un concurso musical que reúne ás mellores voces da nación e que entrega  a nada desprezable cantidade de un millón de euros á voz gañadora. Trátase , por tento, dunha comedia negra na que se aprecian constantes persecucións, raptos, estrañas relacións amorosas, vinganzas, tiros, gánsters sen escrúpulos, música....

Xérase deste xeito, no escenario unha atmósfera abafante na que predomina a violencia, a corrupción, as ansias de poder, a avaricia, as paixóns, os crimes....Todo isto reterá a ollada curiosa do espectador que observará nos persoaxes unha linguaxe crúa que propiciará que se lle outorgue máis relevancia á  acción que á analise dos crimes.

Unha peza ateigada de emoción, intriga e acción dende o inicio ata a fin e posibilitará vivenciar un abano de subxugantes e novidosas experiencias. Umha obra creada dende unha concepción do teatro como luz, movemento, vivenciación......e que persegue a finalidade de debuxar un sorriso reflexivo no espectador do século XXI












ELENCO: ANA GARCÍA NEGRO-- ANA RAMOS LAVANDEIRA--CARMEN SANTOS--GEMMA LÓPEZ DE FUENTES- GEMA BUJÁN MOSTEIRO--ANDRÉS VÁZQUEZ GARCÍA-- CARLOS GARCÍA FOCIÑOS--XOSÉ EIXO BRANCO--XOSÉ LOIS FERNANDEZ LEAL--XOSÉ MANUEL PÉREZ PAREDES--CARMEN VARELA PARDO--IÁGO GARCÍA CARREGAL

DIRECCIÓN: AFONSO GARCÍA PENAS




BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!




FANTAMIMO, TEATRO SOLIDARIO DE APOIO Á FUNDACIÓN MENIÑOS


FARO DE VIGO ,SÁBADO 11 DE FEBREIRO DR 2017


LA VOZ DE GALICIA, SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017


LA REGIÓN, SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017



BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!

TEATRO SOLIDARIO A PROL DA FUNDACIÓN MENIÑOS: " FANTAMIMO"





TEATRO SOLIDARIO A PROL DA FUNDACIÓN MENIÑOS: " FANTAMIMO"


Un ano máis, Ourense acolle a representación teatral solidaria coa Fundación Meniños que coordina Metátese Teatro, coa colaboración do Teatro Principal e a Fundación CEO.

 Fantamimo é unha creación colectiva composta por varias historias independentes que acontecen nun ascensor, e que pretende provocar no espectador a reflexión sobre cuestións como o reparto das tarefas do fogar, as consecuencias negativas da agresividade e do medo, a realidade esquecida das persoas de máis idade, a importancia da lectura na formación plena do ser humano e a discriminación por motivos de raza, xénero ou crenzas.
 Un espectáculo coral para sensibilizar sobre a imperiosa necesidade de integrar e apoiar todas as realidades sociais, especialmente as máis desfavorecidas, representado por alumnos, alumnas e docentes da Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez (Avelaíñas Teatro), a Escola Municipal de Teatro de Laxe e máis o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.

 A representación terá lugar o vindeiro venres 17 de febreiro no Teatro Principal de Ourense en dúas funcións: a sesión das 12:00, destinada a escolares, e a segunda representación ás 20:30 para o público xeral. Esta creación colectiva contou coa produción de Avelaíñas Teatro, o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez, Metátese Teatro e o Club de lectura “Retelladores do Galiñeiro”. O prezo das entradas é de 2 euros.

 Os cartos recadados destinaranse á Fundación Meniños, que desenvolve programas de protección, atención familiar e sensibilización.

 A Fundación Meniños Meniños é una organización independente que leva 20 anos promovendo os dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, favorecendo cambios na súa contorna que lles aseguren un ambiente familiar de seguridade e afecto.

 Meniños desenvolve programas especializados de intervención familiar con nenos, nenas e adolescentes en situación de risco e/ou desprotección, e coas súas familias en Galicia, Asturias e Madrid, en colaboración coas administracións públicas, outras entidades e organizacións. Tamén desenvolve programas preventivos e educativos por conta propia e imparte formacións especializadas.

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!