" SON DE MULLER" UN SILENCIO POR ROMPER

 



Actrices e actores do OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI E METÁTESE TEATRO , participan no FILME DOCUMENTAL " SON DE MULLER" UN SILENCIO POR ROMPER.

O Concello de Palas de Rei, a través dos seus medios dixitais, emitirá desde o martes 16 ata o Xoves 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Filme Documental “SON DE MULLER”, que consta de nove capítulos, emitíndose un por día, unha actividade da Campaña “Palas de Rei dille non a violencia de xénero. Non máis violencia contra as Mulleres”, organizada polo Centro de Información á Muller.

IREMOS DEIXANDO OS ENLACES DOS CAPÍTULOS CADA DÍA


CABECEIRA SON DE MULLER





CAPÍTULO 1: " MOCEO"
Este capítulo lémbranos que o noivado non era o mesmo se eras mozo ou moza, á muller non lle era dado petar na porta do home, só se lle permitía agardar.





CAPÍTULO 2: E ESCACHOU 
Hai mulleres con xenio e que esculcaron a realidade con forza e ánimo, que respondían como é debido ante situacións de difícil acomodo cando a actitude dos homes era de obrigado servizo cara a eles por parte delas.
En E ESCAHOU amósase a rebelión e o xenio ante o servizo debido aos homes sen máis en circunstancias semellantes de cansazo e no día a día. 


 



















CAPÍTULO 3: SERVIR
Rosiña, nena de 13 anos fixéranlle ver a vantaxe que era ir servir á vila unha rapaza da aldea; aínda que había de todo, había mulleres que non o vían con agrado.
O convencemento de que unha nena da aldea gaña e mellora indo a servir a unha casa da vila, toda unha vida de servizo que na vellez se ve illada e fóra da sociedade.









CAPÍTULO 4: CALADAMENTE BOTA A ANDAR
Catuxa rebelase ante a pretensión de dominio que un mozo na actualidade intenta exercer sobre ela, agravado pola vitimización e o dereito que cre ter baseado no suposto querer.








CAPITULO 5: UN PUNTO NEGRO CON SOMBREIRO
Un punto negro con sombreiro.
Por que tería Xulia que aguantar iso??
Por que seguen tantas mulleres aguantar "iso" na actualidade?
Bo capítulo para reflexionar .















CAPÍTULO 6: UN RECREO PARA AS RAPAZAS
UN RECREO PARA AS RAPAZAS achéganos de novo á sociedade actual, aínda hai lugares e circunstancias nos que abrolla a disparidade e espazos nos que as rapazas son apartadas, ou desprezadas pola súa condición; así mesmo engádese o control sentimental axudado polas redes sociais.







CAPÍTULO 7: SEN NOME
A opinión da muller á hora de casar non sempre era oída nin respectada, arranxaban o casamento as familias e colocábaas o pai como mellor lle parecía..
Cantas mulleres seguen SEN NOME na actualidade???
Seguimos invitando a reflexionar.

















CAPÍTULO 8: TEMPO PERDIDO
Avoa, as mulleres cando casan xa é para sempre?” “Pois si, en principio, si. Pero hoxe todo ten remedio, se non se levan ben, pódense separar ou divorciar. Mais hai anos si, era moi difícil romper o casamento, sobre todo as mulleres. Cantas teñen pasado algunhas! A non ser que volvesen para a casa dos pais ou lles concedesen a nulidade, que era como se nunca casasen e entón podían volvelo facer. Vouche contar un caso.”
O casamento era para a vida. *As necesidades das mulleres pouco eran tidas en conta*, sí as do home.





CAPÍTULO FINAL: UN OCO A REVERTER
Con todo, tamén había vidas moi ben levadas en parella e en familia. A falta dela provocaba un enorme oco que revertía en cada momento e xesto, sempre con agradecemento por parte del, con amor; e rapazas que se volvían nais dos irmáns
.










    A TODA A XENTE QUE PARTICIPOU NESTE FERMOSO PROXECTO,
O CAL NON SERÍA O QUE É SEN TODOS VÓS.
GRAZAS DE TODO CORAZÓN💓💓💓💓

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

I CICLO DE TEATRO AMADOR FETEAGAL ( 1ª CITA)

 Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador FETEAGAL (1ª CITA) desde o vindeiro domingo, 31 de outubro e ata o domingo, 23 de xaneiro, con diversas representación programadas para os fins de semana, nas que se podrán ver a grupos galegos, socios de FETEAGAL, pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur. Este CICLO está organizado por FETEAGAL en colaboración co Concello de Palas de Rei e o grupo local Metátese Teatro. O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o Presidente da FEDERACIÓN TEATRAL AFECCIONADA DE GALICIA, FETEAGAL, David Vázquez Nóvoa, o socio fundador, Valentín Varela López, o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas e varios de Metátese Teatro presentarón, no Salón de Actos do Concello de Palas de Rei, este Ciclo teatral que se levará a cabo na Casa de Cultura de Palas de Rei, cunha doazón do público de 2 euros.





https://www.lavozdegalicia.es/.../0003_202110L26C6993.htm


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!