XV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI: " AS MALETAS DOS CONTOS VIAXEIROS"

 

XV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI

TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO




 

TEATRO COMO FERRAMENTA DE APRENDIZAXE, DE INTERCAMBIO E DE SOLIDARIEDADE

      Presentouse esta mañá ás 11:00 horas no Salón de plenos do Concello de Palas de Rei o XV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI que se celebrará o sábado, 25 de marzo, na aldea de San Xiao do Camiño e na Casa de Cultura de Palas de Rei.

      Este evento está organizado polo CONCELLO DE PALAS DE REI, o OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, a ASOCIACIÓN CULTURAL PALACIO DO REI, a CORAL POLIFÓNICA DE PALAS DE REI, METÁTESE TEATRO e ALENTÍA TEATRO

      Na presentación participaron o Alcalde desta vila, Pablo Taboada Camoira; os representantes da Coral Polifónica de Palas de Rei, Toño Expósito González, Eliseo González Garrido e representantes de Metátese Teatro e Alentía Teatro Xema Buján Mosteiro, María José Mourenza e Afonso García Penas.




      Participarán nesta xornada cultural máis de cen actores e actrices de catro Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Palas de Rei, Compostela, Touro e Teo). O programa deste Festival é o seguinte:

            Haberá un roteiro teatral, musical e poético ás 16:00 horas na aldea de San Xiao do Camiño, que estará protagonizado por alumnado do OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO e polas Asociacións Culturais PALACIO DO REI e a A CORAL POLIFÓNICA DE PALAS DE REI.  Este roteiro consta de SETE escenas que permiten imaxinar a vida que existía nas aldeas galegas a mediados do século XX e permite coñecer o funcionamento destas Asociacións a través da interpretación de varias pezas musicais.

 

Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos e persegue varios obxectivos: achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, a aproximación do alumnado ao mundo rural e a súa posta en valor, a transmisión do tecido cultural das xeracións que nos precederon. O punto de partida será a igrexa de San Xiao do Camiño e transcorrerá ao longo do camiño francés de Santiago.

 

            Ás 18:30 horas, na Casa de Cultura de Palas, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Aula de Teatro do IES de Cacheiras de Teo, A Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo AS MALETAS DOS CONTOS VIAXEIROS.

 

As maletas dos contos viaxeiros presenta, desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, diversas historias que invitan á reflexión sobre valores como a IGUALDADE, a cultura da paz, o respecto ao medioambiente, a solidariedade, a integración… Trátase dun espectáculo que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta  imprescindible na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, a humildade, o respecto…

Este traballo amosa, tamén, o valor da lectura como elemento esencial na formación de seres humanos libres e pon de manifesto a relevancia da empatía con aqueles que sofren. Sobre o escenario uns personaxes disparatados protagonizarán historias que foron relatadas polas nosas avoas e que propiciarán que o público transite por unha fervenza de emocións. Arriba o pano!!!

            Este Festival permite que o alumnado das catro Aulas de teatro interactúe e propicia que amose conxuntamente o traballo realizado por alumnado, profesorado e Asociacións destes concellos durante o curso académico 2022/23; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral. Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 2 de marzo no Teatro Principal de Ourense, continuou en Touro o sábado 4 de marzo e seguirá en Compostela, Cacheiras, Alcalá de Henares, Argamasilla de Alba, San Clemente,  Tabernas (Almería) e Granada.


https://www.ecosdacomarca.com/post/o-xv-festival-de-teatro-escolar-de-palas-de-rei-celebrarase-o-25-de-marzo



BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!

ALENTÍA TEATRO: " NA ESCADA DOS CONTOS"

 ALENTÍA TEATRO : " NA ESCADA DOS CONTOS"


O domingo 12 de marzo, ás 18:00 horas, na Casa de Cultura pode verse a obra "Contos na escada" de Alentía Teatro. Son historias que fomentan valores como a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, a cooperación, o compromiso, e a cultura da paz e propugnan un modelo de xustiza e igualdade de oportunidades para todos e todas, especialmente para aqueles seres humanos máis desfavorecidos, reflexionan sobre o papel das novas tecnoloxías na nosa sociedade




BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!


METÁTESE TEATRO: " AO CARÓN DAS PALABRAS"

 METÁTESE TEATRO: " AO CARÓN DAS PALABRAS"


METÁTESE TEATRO, presenta " AO CARÓN DAS PALABRAS" o próximo sábado 11 de marzo. Trátase de unha obra enmarcads dentro da programación que organiza o CIM para conmemorar o DÍA DA MULLER.
Unha obra que amosa un sorprendente universo teatral que serve para reflexionar sobre a educación que recibimos a través dos relatos populares.



























BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!