Gabriel

Gabriel Barreiro Toural



            No nome das Aulas de Teatro da Estrada, Laxe, Palas, Touro e Vedra e de METÁTESE TEATRO, queremos adicarlle este poema de Celso Emilio Ferreiro con todo o cariño a Gabriel, ledicia nas viaxes de teatro, franqueza en todo momento, persoa de xesto e palabra oportuna e, sobre todo, o TÉCNICO imprescindible que nos aportaba a LUZ nos espectáculos.

 

IRMAUS
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de toda as fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.


Grazas por camiñar con nós, Gabriel. Que te rodee A LUZ que nos transmitías!!!