ALENTÍA TEATRO: " HERDANZAS MATERNAS"

 

O PRÓXIMO DOMINGO 22 DE NOVEMBRO ,ALENTÍA TEATRO PRESENTA : "HERDANZAS MATERNAS " , NA CASA DA CULTURA DE PALAS DE REI , ÁS 17:00H

Herdanzas maternas é un conxunto de historias que aborda con tenrura e humor problemas tan importantes como a igualdade de oportunidades entre os dous xéneros, o acoso escolar, a cultura da paz, o respecto, o valor instrumental da educación como ferramenta imprescindible no crecemento do ser humano…
Trátase dun espectáculo que reflexiona en clave de humor sobre a importancia de cultivar a autoestima porque se perfila como a mellor ferramenta para sortear obstáculos de todo tipo na vida. Que o universo da fantasía rodee os nosos corazóns…
Unha peza ateigada de emoción, intriga e acción desde o inicio ata a fin e que posibilitará vivenciar un abano de subxugantes e novidosas experiencias. Unha obra creada desde unha concepción do teatro como luz, movemento, vivenciación… e que persegue a finalidade de debuxar un sorriso reflexivo no espectador do século XXI.


ESTA OBRA ESTÁ ENMARCADA DENTRO DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E LOITA  CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, QUE LEVA A CABO O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE PALAS DE REI

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE BÓS GABRIEL !!!