" SON DE MULLER" UN SILENCIO POR ROMPER

 



Actrices e actores do OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI E METÁTESE TEATRO , participan no FILME DOCUMENTAL " SON DE MULLER" UN SILENCIO POR ROMPER.

O Concello de Palas de Rei, a través dos seus medios dixitais, emitirá desde o martes 16 ata o Xoves 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Filme Documental “SON DE MULLER”, que consta de nove capítulos, emitíndose un por día, unha actividade da Campaña “Palas de Rei dille non a violencia de xénero. Non máis violencia contra as Mulleres”, organizada polo Centro de Información á Muller.

IREMOS DEIXANDO OS ENLACES DOS CAPÍTULOS CADA DÍA


CABECEIRA SON DE MULLER





CAPÍTULO 1: " MOCEO"
Este capítulo lémbranos que o noivado non era o mesmo se eras mozo ou moza, á muller non lle era dado petar na porta do home, só se lle permitía agardar.





CAPÍTULO 2: E ESCACHOU 
Hai mulleres con xenio e que esculcaron a realidade con forza e ánimo, que respondían como é debido ante situacións de difícil acomodo cando a actitude dos homes era de obrigado servizo cara a eles por parte delas.
En E ESCAHOU amósase a rebelión e o xenio ante o servizo debido aos homes sen máis en circunstancias semellantes de cansazo e no día a día. 


 



















CAPÍTULO 3: SERVIR
Rosiña, nena de 13 anos fixéranlle ver a vantaxe que era ir servir á vila unha rapaza da aldea; aínda que había de todo, había mulleres que non o vían con agrado.
O convencemento de que unha nena da aldea gaña e mellora indo a servir a unha casa da vila, toda unha vida de servizo que na vellez se ve illada e fóra da sociedade.









CAPÍTULO 4: CALADAMENTE BOTA A ANDAR
Catuxa rebelase ante a pretensión de dominio que un mozo na actualidade intenta exercer sobre ela, agravado pola vitimización e o dereito que cre ter baseado no suposto querer.








CAPITULO 5: UN PUNTO NEGRO CON SOMBREIRO
Un punto negro con sombreiro.
Por que tería Xulia que aguantar iso??
Por que seguen tantas mulleres aguantar "iso" na actualidade?
Bo capítulo para reflexionar .















CAPÍTULO 6: UN RECREO PARA AS RAPAZAS
UN RECREO PARA AS RAPAZAS achéganos de novo á sociedade actual, aínda hai lugares e circunstancias nos que abrolla a disparidade e espazos nos que as rapazas son apartadas, ou desprezadas pola súa condición; así mesmo engádese o control sentimental axudado polas redes sociais.







CAPÍTULO 7: SEN NOME
A opinión da muller á hora de casar non sempre era oída nin respectada, arranxaban o casamento as familias e colocábaas o pai como mellor lle parecía..
Cantas mulleres seguen SEN NOME na actualidade???
Seguimos invitando a reflexionar.

















CAPÍTULO 8: TEMPO PERDIDO
Avoa, as mulleres cando casan xa é para sempre?” “Pois si, en principio, si. Pero hoxe todo ten remedio, se non se levan ben, pódense separar ou divorciar. Mais hai anos si, era moi difícil romper o casamento, sobre todo as mulleres. Cantas teñen pasado algunhas! A non ser que volvesen para a casa dos pais ou lles concedesen a nulidade, que era como se nunca casasen e entón podían volvelo facer. Vouche contar un caso.”
O casamento era para a vida. *As necesidades das mulleres pouco eran tidas en conta*, sí as do home.





CAPÍTULO FINAL: UN OCO A REVERTER
Con todo, tamén había vidas moi ben levadas en parella e en familia. A falta dela provocaba un enorme oco que revertía en cada momento e xesto, sempre con agradecemento por parte del, con amor; e rapazas que se volvían nais dos irmáns
.










    A TODA A XENTE QUE PARTICIPOU NESTE FERMOSO PROXECTO,
O CAL NON SERÍA O QUE É SEN TODOS VÓS.
GRAZAS DE TODO CORAZÓN💓💓💓💓

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

I CICLO DE TEATRO AMADOR FETEAGAL ( 1ª CITA)

 Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador FETEAGAL (1ª CITA) desde o vindeiro domingo, 31 de outubro e ata o domingo, 23 de xaneiro, con diversas representación programadas para os fins de semana, nas que se podrán ver a grupos galegos, socios de FETEAGAL, pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur. Este CICLO está organizado por FETEAGAL en colaboración co Concello de Palas de Rei e o grupo local Metátese Teatro. O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o Presidente da FEDERACIÓN TEATRAL AFECCIONADA DE GALICIA, FETEAGAL, David Vázquez Nóvoa, o socio fundador, Valentín Varela López, o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas e varios de Metátese Teatro presentarón, no Salón de Actos do Concello de Palas de Rei, este Ciclo teatral que se levará a cabo na Casa de Cultura de Palas de Rei, cunha doazón do público de 2 euros.





https://www.lavozdegalicia.es/.../0003_202110L26C6993.htm


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!




PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DE METÁTESE TEATRO E ALENTÍA TETATRO

 ESTAS SON AS PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DE  METÁTESE TEATRO E ALENTÍA TEATRO  DENTRO DO CICLO  " TÁBOAS CHEAS DE EMOCIÓN " QUE OFRECE A DIPUTACIÓN DE LUGO.


METÁTESE TEATRO:

DATA: SÁBADO 16 OUTUBRO

LUGAR: GUITIRIZ, A HABANEIRA

HORA: 18:00 HORAS

OBRA: " A MERLIÑA"


DATA: XOVES, 28 DE OUTUBRO

LUGAR: CEIP ROSALÍA DE CASTRO, LUGO

HORA: 12:00 HORAS

OBRA: " A MERLIÑA "


DATA : DOMINGO , 5 DECEMBRO

LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL DE TEATRO DE VILLALBA

HORA: 18:00

OBRA: " A MERLIÑA "


ALENTÍA TEATRO:

DATA: SÁBADO, 30 OUTUBRO

LUGAR: CEIP DE CASTROVERDE

HORA: 12:00 HORAS

OBRA: " A ESCADA DOS CONTOS "


DATA: DOMINGO, 12 DECEMBRO

LUGAR: CASA DA CULTURA DE MONFORTE DE LEMOS

HORA: 12:00 HORAS

OBRA: " A ESCADA DOS CONTOS"


 DATA: VENRES, 17 DECEMBRO

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DA BOBLIOTECA DE XERMADE

HORA: 18:00 HORAS

OBRA: " A ESCADA DOS CONTOS"


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!

METÁTESE TEATRO : " A GRAN FINAL "

  " A GRAN FINAL "

AÍNDA NON VICHE O PARTIDO  DO MILENIO?

NUNCA DISFRUTACHE DO  XOGO DA NOSA SELECCIÓN?

E NON ME DIGAS QUE NON COÑECES A RAMÓN, O FIGURA DA SELECCIÓN???

A QUE AGARDAS?
SENTA NA TÚA CADEIRA E PREPÉRATE PARA MERGULLARTE NUNHA FERVENZA DE GARGALLADAS, INTENSIDADE E EMOCIÓN...
 AGRADÁMOSTE O PRÓXIMO 7 DE OUTUBRO, ÁS 20:00HORAS, NA CASA DA CULTURA DE PALAS DE REI.
NON NÓS FALLES !!!

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÑOS GABRIEL !!!

IV PREMIO " GARABATO" Á CONSEVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL




 IV PREMIO GABRIEL BARREIRO TOURAL, “GARABATO”

Foi decisión e vontade de ALENTÍA e METÁTESE TEATRO e d´A ORDE DAS DONAS E CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS establecer o premio GARABATO á conservación do patrimonio noso, herdado da terra, dos pais e dos devanceiros e concedelo a aquelas persoas e organizacións ou asociacións que estimen teñen a suficiente luz para manter e coidar, para mimar, gardar e defender o devandito patrimonio, tanto natural como cultural, na honra e lembranza de Gabriel Barreiro Toural, el foi técnico de luz e son de Metátese Teatro; e dotalo con 1000 euros e unha peza de arte elaborada pola artista ourensá María Iglesias Gil.

Foi decisión unánime do xurado conceder este IV PREMIO GABRIEL BARREIRO TOURAL, “GARABATO”, á ASOCIACIÓN GALEGA DE XOGO POPULAR E TRADICIONAL.

  Esta Asociación principalmente destaca:

1. A promoción, o desenvolvemento e a práctica dos xogos e deportes tradicionais e populares galegos.

2. A axuda á posta en marcha doutras asociacións ou entidades con finalidades semellantes ás da AGXPT.

3. A recuperación de espazos e tempos do patrimonio lúdico galego.

4. A organización de encontros, conferencias, congresos, investigación... que contribúen á difusión do patrimonio lúdico galego.

Na Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional importa a vida e a necesidade de desenvolvemento de nenos e nenas, a imaxinación, a inventiva e a memoria, a interiorización de valores e normas, a lingua, a cultura do noso pobo, a ledicia e a ilusión da fantasía, o primeiro teatro da persoa que se forma, a relación e natureza, a necesidade de manifestarse ludicamente dende que os ollos enxergan o sorriso humano. Pero tamén importa que os maiores sigan no mundo con humor, se deleiten co mundo e interaccionen e transmitan o seu legado e unha calidade de vida superior. Velaí, o xogo é vida.

Galiza posúe un patrimonio cultural lúdico que, como en calquera outro lugar, non é proveito deixalo esmorecer. Nesta sociedade tan inmediata e onde pretenden darnos todo feito sen criterio persoal, onde o individualismo se apega coma lapa á tecnoloxía e a necesidade a fan xurdir do creado alleo, precísanse asociacións coma esta que lembren a raíz humana, o carácter social e a harmonía, o que somos e a fondura dos pasos que o xogo nos dá.

Grazas polo voso labor. Grazas por nos honrardes coa vosa presenza, na terra viva e aberta, no noso niño Galiza, e hoxe aquí.

Entrega o premio a nai de Gabriel, María…   Toural….

















BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!