METÁTESE TEATRO: " A MERLIÑA"

 

CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER, METÁTESE TEATRO PRESENTA, : " A MERLIÑA"

 

A Merliña, un pequeno, simpático e gracioso personaxe, símbolo da esperanza dentro dun mundo gris, transita na procura dunha resposta a unha pregunta universal: “Quen son?” Principia así desde o seu niño un percorrido vital enriba das táboas do escenario no que ten que enfrontarse a diferentes personaxes larapeteiros que son a personificación da avaricia,  da gula, da prepotencia, do despotismo, da ruindade…

            Trátase dun espectáculo que supón un achegamento ao xogo e a comicidade como ferramentas de crecemento construtivo, como mananciais de creatividade e experimentación, como afirmacións de principios enriquecedores da reivindicación da diferenza e da igualdade xénero, como fiestras abertas á sensibilidade, á esperanza nun futuro mellor…

            A través da expresión corporal, da voz e das accións físicas dos actores e das actrices o receptor habitará nun universo de tenrura, de delicadeza, de sorrisos puros e dozura. No fondo esta obra amósanos unha auténtica lección de amor, de pureza sentimental, de sensibilidade… o que para Oscar Wilde é o “segredo perdido do mundo que buscaron sempre os sabios”. Arriba o pano.

DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DAS ACTUACIÓNS





















BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!