Gabriel

Gabriel Barreiro Toural



            No nome das Aulas de Teatro da Estrada, Laxe, Palas, Touro e Vedra e de METÁTESE TEATRO, queremos adicarlle este poema de Celso Emilio Ferreiro con todo o cariño a Gabriel, ledicia nas viaxes de teatro, franqueza en todo momento, persoa de xesto e palabra oportuna e, sobre todo, o TÉCNICO imprescindible que nos aportaba a LUZ nos espectáculos.

 

IRMAUS
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de toda as fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.


Grazas por camiñar con nós, Gabriel. Que te rodee A LUZ que nos transmitías!!!



Obradoiro Teatral de Palas de Rei: "Comedia Bífida"

Os Quinquillans- "O capricho do teatro"

Comeza a XIV Mostra de teatro co grupo de Brión Os Quinquillans. "O capricho do teatro" é un percorrido pola obra do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño; un espectáculo didáctico que nos permite lembrar ou descubrir momentos e persoaxes relevantes da obra de Bolaño. Persoaxes que serían perfectamente recoñecibles no contexto actual.
A proposta dos Qiunquillans traspasa a 4º parede non só para explicar a obra de Bolaño, tamén para facernos reflexionar sobre o rumbo a tomar polo teatro actual, a necesidade de reciclaxe e reinvención, saíndo dos espazos habituais para volver á rúa coma nos comezos do grupo alá polo ano 1989, achegándose a un teatro máis popular e preto da xente.
 

Presentación da XIV Mostra

Está mañá, ás 12:00 horas presentouse a XIV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei no Salón de Plenos do Concello de Palas de Rei. A presentación correu a cargo do Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, Afonso García Penas, director de Metátese Teatro e Zara García Pazos.
Nesta edición participarán 12 grupos de toda Galicia e Portugal e pasarán polo escenario máis de 250 actores e actrices.
 

Mostra de Teatro Buxiganga.




Actuación do grupo Alentía en Lugo, na mostra de teatro aficionado.


As viaxes de Metátese II. Portugal

Os alumnos da escola municipal de teatro de Palas en Idanha-Portugal.



As Viaxes de Metátese I. Mérida


Precisariamos crear outro blog para tódalas viaxes de Metátese na súa longa traxectoria teatral, actuacións en Rusia, Francia, Xordania, Arxentina, Perú, Portugal......e moitas das cidades e pobos da península. Como resulta difícil acadar os documentos gráficos de todas elas, deixámosvos fotos das dúas ultimas. Aquí a actuación no municipio de La Zarza, preto de Mérida, acollidos polo grupo A Garnacha que estiveron de visita na Mostra de Teatro o pasado ano en Palas de Rei.


Poesía e Rock Bravú



Metátese Teatro e o grupo de Vedra OkeoH Galiza compartiron espazo e voz na Fundación
Música e teatro, guitarras e palabras, letras
improvisadas e creacións reivindicativas compuxeron unha noite diferente o venres na Fundación en Melide.
Esparamos repetir.




Aniversario Metátese


Xa o dicía Gardel "...veinte años no es nada...” ,  segundo a idiosincrasia galega “depende”. Vinte anos creando, formándose, experimentando outros modos de expresión, intercambiando con grupos doutras latitudes e sobre todo perseverando....Vinte anos de Metátese son anos polos que pasaron unha chea de xente con ganas de comunicarse e aportar algo diferente como actores e actrices aficionados e “apaixoados”  pola palabra e o teatro.
Este ano de celebración comezou cunha cea de reencontros no Mesón A Cantina no Marco, preto de Palas de Rei.
Nesta primeira cea, somos todos os que estamos pero non estamos todos os que somos, para iso temos  todo este largo e máxico 2013.
Vémonos na próxima