METÁTESE TEATRO presenta a súa nova obra " O EUROMILLÓN " o próximo venres día 24 de Febreiro ás 23:00 horas na SALA A FUNDACIÓN , MELIDE.
O EUROMILLÓN é un espectáculo coral que aborda o complexo mundo dos concursos televisivos desde a perspectiva teatral da comedia. O EUROMILLÓN é un concurso musical que reúne ás mellores voces da nación e que entrega a nada desprezable cantidade de un millón de euros á voz gañadora. Trátase , por tento, dunha comedia negra na que se aprecian constantes persecucións, raptos, estrañas relacións amorosas, vinganzas, tiros, gánsters sen escrúpulos, música....
Xérase deste xeito, no escenario unha atmósfera abafante na que predomina a violencia, a corrupción, as ansias de poder, a avaricia, as paixóns, os crimes....Todo isto reterá a ollada curiosa do espectador que observará nos persoaxes unha linguaxe crúa que propiciará que se lle outorgue máis relevancia á acción que á analise dos crimes.
Unha peza ateigada de emoción, intriga e acción dende o inicio ata a fin e posibilitará vivenciar un abano de subxugantes e novidosas experiencias. Umha obra creada dende unha concepción do teatro como luz, movemento, vivenciación......e que persegue a finalidade de debuxar un sorriso reflexivo no espectador do século XXI
ELENCO: ANA GARCÍA NEGRO-- ANA RAMOS LAVANDEIRA--CARMEN SANTOS--GEMMA LÓPEZ DE FUENTES- GEMA BUJÁN MOSTEIRO--ANDRÉS VÁZQUEZ GARCÍA-- CARLOS GARCÍA FOCIÑOS--XOSÉ EIXO BRANCO--XOSÉ LOIS FERNANDEZ LEAL--XOSÉ MANUEL PÉREZ PAREDES--CARMEN VARELA PARDO--IÁGO GARCÍA CARREGAL
DIRECCIÓN: AFONSO GARCÍA PENAS
BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario