Programación da XIV Mostra Internacional de Teatro. Palas de Rei

XIV  MOSTRA INTERNACIONAL
DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI,
TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

       
       
        Está mañá, ás 12:00 horas presentouse a XIV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei no Salón de Plenos do Concello de Palas de Rei. A presentación correu a cargo do Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e de Afonso García Penas, director de Metátese Teatro de Palas de Rei.
        Nesta edición participarán 12 grupos de toda Galicia e Portugal e pasarán polo escenario máis de 250 actores e actrices.

O programa desta edición queda como segue:


XOVES, 22 DE AGOSTO:

-OS QUINQUILLÁNS TEATRO (Brion)
         Presenta: O capricho do teatro (Montaxe ao redor da obra de Roberto Vidal Bolaño).
        Esta actuación está subvencionada pola área de cultura e turismo da Deputación Provincial de Lugo.

VENRES, 23  DE AGOSTO.  

-OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI (Lugo)
         Presenta: Comedia Bífida.

SÁBADO, 24 DE AGOSTO.

-DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO (A Estrada).
Presenta: Eran outros tempos, ou non?.


DOMINGO, 25 DE AGOSTO.
-GRUPO DE TEATRO A FIESTRA, (A Coruña).
        Presenta: O anel máxico.
                                                                                






XOVES, 29  DE AGOSTO:

-TEATRO SOLIDARIO “AS INSUAS” (Muros).
        Presenta: UniverSOS ParaLELOS.

VENRES, 30  DE AGOSTO.  

-METÁTESE TEATRO (Palas de Rei).
        Presenta: Oniromancia.
                                                                                 
SÁBADO, 31 DE AGOSTO.
                     
-GRUPO DE TEATRO FAS – QUE – FAS, DA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ (Cecebre).
        Presenta: Mesa para dous.

DOMINGO, 1 DE SETEMBRO.

-FOLERPAS TEATRO (Laxe).
Presenta: A raíña da escuma.
                                                                              


XOVES, 5 DE SETEMBRO.                      

-GRUPO DE TEATRO AJIDANHA, de Idanha a Nova (Portugal)
        Presenta: Á deriva.

VENRES, 6 DE SETEMBRO.                     

-ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA “TI E MAIS EU TEATRO” (Ferrol)
        Presenta: Os seres míticos do bosque.

SÁBADO, 7 DE SETEMBRO.                     

-ESPECTÁCULO ETNOGRÁFICO “SON D’ ALDEA” (Roteiro teatralizado que percorrerá diversos escenarios da aldea de Albá – Palas de Rei.)

DOMINGO, 9 DE SETEMBRO                                                                               

-GRUPO DE TEATRO “ARGALLADAS” DA ASOCIACIÓN  DE AMAS DE CASA SAN TIRSO DE PALAS DE REI.
        Presenta: A carreira do Manuel e Parellas.

8º PREMIO CAREÓN: MANUEL C. NÚÑEZ SINGALA.
13º PREMIO MÁCARA: PAULA CARBALLEIRA.



        Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a función do venres 6 de setembro da Asociación Cultural e Artística “Ti e mais eu teatro”, Os seres míticos do bosque, que se presentará en Albá ás 21 horas e o espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará na aldea de Albá ás 10:30 horas da mañá.

        O sábado día 7 de setembro entregarase o 8º Premio Careón ao escritor MANUEL C. NÚÑEZ SINGALA  e o 13º Premio Mácara a PAULA CARBALLEIRA.

O premio  MÁCARA recoñece a labor de actores, directores, escritores ou calquera outro profesional ou persoa vinculada ao teatro a favor do teatro amador, amateur ou afeccionado e pola súa traxectoria teatral profesional.

Consta dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista Lourdes Matalobos.

         No ano 2006 creouse o PREMIO LITEARIO CAREÓN que leva o nome dun dos referentes do Concello de Palas de Rei e da Comarca da Ulloa o Monte Careón. Recoñece a traxectoria literaria dun escritor ou escritora en lingua galega.  O “Premió Careón”  entregouse na súa primeira edición á escritora ROSA ANEIROS.

        SON D’ ALDEA é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece  unha visión de diversos oficios; dun XANTAR con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha ROMARÍA tradicional que pechará este evento.
            Haberá tamén unha Mostra de artesanía alimentaria e outra de oficios artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.
            Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna. (www.sondaldea.com)

Hoxe en día a  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO  CAMINO DE SANTIAGO  é un referente dentro do panorama de teatro amador gale e pola mesma teñen pasado un amplo número de grupos galegos (Centro Dramático Vilalbés, TEATRO MUTANTE de Ourense, Candelexas de Noia, CASA HAMLET de A Coruña, PALIMOCO de Lugo, NOITEBRA de Marín, ACHADEGO de Lugo, Teatro A MACHINA de Ferrol, OQUETIQUEIRAS de Ferrol, Lohengrín Teatro de Vigo, O Trasno Novo Teatro de Vigo, etc.) e tamén do resto da península (LAPSUS TEATRO de Palencia, Compañía de Teatro Blas de Otero de San Sebastián de los Reyes - Madrid, COMPAÑIA COMARCAL 234 de Pedralba, Valencia, SKENE TEATRO de Gran Canaria, Ivencible Teatro de Villalpardo (Cuenca); Les Melies, de Pineda de Mar, etc.) e doutros países como TIPAR TEATRO de Porto (Portugal), a Compañía Cubana  de Teatro Máscara Laroye ou “LA VUELTA” Grupo de Teatro de la Universidad Autonoma de QUERÉTARO, CONACULTA-FONCA  (MEXICO).


No hay comentarios:

Publicar un comentario