Gabriel Barreiro Toural |
No nome das Aulas de Teatro da Estrada, Laxe, Palas, Touro e Vedra e de METÁTESE TEATRO, queremos adicarlle este poema de Celso Emilio Ferreiro con todo o cariño a Gabriel, ledicia nas viaxes de teatro, franqueza en todo momento, persoa de xesto e palabra oportuna e, sobre todo, o TÉCNICO imprescindible que nos aportaba a LUZ nos espectáculos.
IRMAUS
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de toda as fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro i eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de toda as fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Grazas por camiñar con nós, Gabriel. Que te rodee A LUZ que nos transmitías!!!
Gabriel se te echara de menos en todas las obras que representemos , nunca tendremos un técnico tan especial como tu, es cierto , tu eras y sigues siendo un gran técnico y un gran amigo.Se echará de menos tus bromas y tu sonrisa la cual siempre llevabas en tu cara y la cual querias contagiar a todos . Gabriel , nunca te olvidaré ni yo ni el resto de las aulas de teatro
ResponderEliminarAnte a perda de Gabriel, coma un feito inexplicable, dámonos conta de que esta vida está chea de misterios e que calquera día pode pasar algo que está fóra do razoamento común, e que temos unhas creenzas e unhas certezas que para nada se corresponden coa realidade. A enerxía vital de Gabriel e a pegada que deixou n@s que o coñecimos permanece e permanecerá sempre canda nós. Unha grande aperta para tod@s con Gabriel no pensamento!
ResponderEliminar