XIII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO


XIII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI NO CAMIÑO DE SANTIAGO




O programa desta edición queda como segue: 



XOVES, 23 DE AGOSTO:-OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI (Lugo)
Presenta: Fantasías.
VENRES, 24 DE AGOSTO. -GRUPO DE TEATRO O BATÁN, de Cangas de Foz
Presenta: A forza dos soños
SÁBADO, 25 DE AGOSTO.-GARNACHA TEATRO, de Mérida.
Presenta: La muralla.
DOMINGO, 26 DE AGOSTO.-ULLOIN, o pallaso da Ulloa, de Antas de Ulla
Presenta: Que fastidio de día
 

XOVES, 30 DE AGOSTO:
-GRUPO DE TEATRO CHARAMELA, de Melide.
Presenta: Almas sinxelas.
VENRES, 31 DE AGOSTO. -GRUPO DE TEATRO AJIDANHA, de Idanha a Nova (Portugal)
Presenta: Efabulaçao.
SÁBADO, 1 DE SETEMBRO. -GARGALLADA TEATRO, do Barco de Valdeorras.
Presenta: Quimera.
DOMINGO, 2 DE SETEMBRO.-FOLERPAS TEATRO, de Laxe.
Presenta: Paraíso Laranxa.



XOVES, 6 DE SETEMBRO.
-ELAS TEATRO.
Presenta: Entrenós.
VENRES, 7 DE SETEMBRO. -MOSTRA DO TRABALLO REALIZADO NO CURSO DE TEATRO INTERSECCIÓNS NO TEMPO OU A MEMORIA DO CORPO, impartido por Elisenda Renom.
SÁBADO, 8 DE SETEMBRO. -ESPECTÁCULO ETNOGRÁFICO "SON D’ ALDEA" (Roteiro teatralizado que percorrerá diversos escenarios da aldea de Albá – Palas de Rei.)
DOMINGO, 9 DE SETEMBRO -METÁTESE TEATRO.
Presenta: Bolboretas.
 



Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a Mostra do traballo realizado no curso de teatro antropolóxico, que será en Albá ás 21 horas e o espectáculo "Son d’ aldea", que se realizará na aldea de Albá ás 10:30 horas da mañá.

SON D’ ALDEA é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios (O monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal) e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun XANTAR con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha ROMARÍA tradicional que pechará este evento.Haberá tamén unha Mostra de artesanía alimentaria e outra de oficios artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.Unha radiografía subxectiva da situación do ru
 ral cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna. (www.sondaldea.com)

PREMIO CAREÓN: ANA ROMANÍ.

 PREMIO MÁCARA: MELA CASAL
O sábado día 8 de setembro entregarase o 7º Premio Careón á escritora ANA ROMANÍ e o 11º Premio Mácara a MELA.

O premio MÁCARA recoñece a labor de actores, directores, escritores ou calquera outro profesional ou persoa vinculada ao teatro a favor do teatro amador, amateur ou afeccionado e pola súa traxectoria teatral profesional. Consta dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista Lourdes Matalobo.


No ano 2006 creouse o PREMIO LITEARIO CAREÓN que l
eva o nome dun dos referentes do Concello de Palas de Rei e da Comarca da Ulloa o Monte Careón. O "Premió Careón" entregouse na súa primeira edición á
 escitora ROSA ANEIROS.

 
Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO está xa consolidada e pola mesma teñen pasado un amplo número de grupos galegos (Centro Dramático Vilalbés, TEATRO MUTANTE de Ourense, Candelexas de Noia, CASA HAMLET de A Coruña, PALIMOCO de Lugo, NOITEBRA de Marín, ACHADEGO de Lugo, Teatro A MACHINA de Ferrol, OQUETIQUEIRAS de Ferrol, Lohengrín Teatro de Vigo, O Trasno Novo Teatro de Vigo, etc.) e tamén do resto da península (LAPSUS TEATRO de Palencia, Compañía de Teatro Blas de Otero de San Sebastián de los Reyes - Madrid, COMPAÑIA COMARCAL 234 de Pedralba, Valencia, SKENE TEATRO de Gran Canaria, Ivencible Teatro de Villalpardo (Cuenca); Les Melies, de Pineda de Mar, etc.) e doutros países como TIPAR TEATRO de Porto (Portugal), a Compañía Cubana de Teatro Máscara Laroye ou "LA VUELTA" Grupo de Teatro
 de la Universidad Autonoma de QUERÉTARO, CONACULTA-FONCA (MEXICO). O que a converte nun dos referentes do teatro amador do norte de la península ibérica.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario