INTERSECCIÓNS NO TEMPO OU A MEMORIA DO CORPO
“Interseccións no tempo” é un espazo onde a través de afinar o noso instrumento actoral
adestrando a nosa voz, o noso corpo, a nosa atención, a nosa capacidade de asociar,
de percibir, de revelar, de crear, de xogar, etc. Un lugar para recuperar a nosa esencia
creativa e espertar aquelas memorias ou pegadas que nos conectan coa nosa poética
persoal, pero tamén transxeracional.
LUGAR: Casa da cultura de Palas de rei
HORARIO: Semana do 3 ao 7 de setembro de 10:00 a 14:00
IMPARTE: Elisenda Renom
PREZO: 80 Euros (Inscricións ata o venres 31 de agosto ingresando na conta 0072 0242 66 0000101572 (BANCO PASTOR) )
BIOGRAFÍA:
Elisenda Renom é licenciada en Arte Dramática polo “Institut del Teatre” de Barcelona e DEA en Artes Escénicas. Durante os anos 2007 e 2010 traballa como profesora na Escola Superior de Arte dramática de Galicia, impartindo distintos seminarios en Santiago de Compostela e en Ourense e como asesora e axudante de dirección en compañías como Sarabela.
Formouse en diversas disciplinas escénicas con Txiqui Berraondo, Manuel Carlos Lillo, Gustavo Guirado, Michaele Moneta y Lina Salvatore, Víctor Turull, Andrés Corchero, Rosa Muñoz, Kameron Steele, Hisako Horikawa e Thomas Richards, entre outros.
Actualmente reside en Barcelona e combina o seu traballo pedagóxico en artes
escénicas e no campo do desenvolvemento humano, coa terapia corporal (profesora do
Método Feldenkrais) e enerxética (formada en España e Brasil) e a creación escénica.
MATERIAL PARA O CURSO:
Para o curso hai que levar roupa cómoda, levade o que queirades para
traballar, pero deberedes traer alomenos:
-Unha canción para cantar aprendida de memoria que para cadaquén sexa
importante ou signifique algo. Non ten por que significar algo
concreto nin estar ligada a ningunha lembranza, pode significar algo
porque o sentes en ti, sentes que aquela canción te conecta con algo
aínda que non saibas que é, impórtache ou móvete dalgún xeito aínda
que non poidas racionalizalo.
-Un vestiario completo, con todos os detalles posibles. Un vestiario
que sintas que neste momento da túa che apetece traballar, non ten
porque ser teatral, sinxelamente cando pensas nun vestiario para o
curso, deixa que che veña unha imaxe e leva todos os elementos
posibles para que sexa a imaxe que imaxinaches (zapatos no caso de que
na túa imaxe de vestiario os leves, un anel se é que na túa imaxe
está, unha chaqueta, unha saia, un pantalón, un pucho, etc. todo
aquilo que estea nesa imaxe).
-Un obxecto que como a canción, aínda que talvez non saibas o porqué
racionalmente, che diga algo ou che chame a atención, que che apeteza
usalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario