XIII PREMIO CAREÓN: CARLOS CALLÓN


A NÓS TAMÉN NOS FAI MOITA ILUSIÓN ENTREGARCHE  O XIII PREMIO CAREÓN
GRAZAS.



BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!




XIX MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI

XIX  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI,
TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO.




           
            O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o actor de Metátese Teatro, André Vázquez García; a presidenta de Alentía Teatro, Xema Buján Mosteiro; a Técnica de cultura do Concello de Palas de Rei, Divina Agra e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, presentaron está mañá no Salón de Plenos do Concello, ás 13:00 horas, a XIX MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Dona, "Os Lobos", en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

            Nesta decimonovena edición participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Haberá funcións na Casa de cultura de Palas de Rei, ás 21:00 horas; no campo da festa de Santo Xusto, ás 18:30 (o sábado, 25 de agosto, e o domingo 26) e en Santiago de Albá, ás 20:00 horas o venres, 31, de agosto.





O programa desta edición queda como segue:



XOVES, 23 DE AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: UN PLANETA LITERARIO MÁXICO.
HORARIO: 21:00 horas.

VENRES, 24 DE AGOSTO.
GRUPO: PEDRO BRANDARIZ.
OBRA: Profundizando na Galiza profunda.
HORARIO: 21:00 horas.
            Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.

SÁBADO, 25 DE AGOSTO.
No campo da festa de Santo Xusto:
GRUPO: ALENTÍA TEATRO, de Palas de Rei.
OBRA: Nas mans dos contos.
HORARIO: 18:30 horas.


Na Casa de Cultura de Palas de Rei:
GRUPO: GRUPO DE TEATRO ATENEO, de Pozuelo.
OBRA: La tortuga de Darwin.
HORARIO: 21:00 horas.

DOMINGO, 26 DE AGOSTO. (DOBRE FUNCIÓN)
No campo da festa de Santo Xusto:
GRUPO: IARA TEATRO, de Cabanas de Bergantiños.
OBRA: Aprendices de pallaso.
HORARIO: 18:30 horas.

Na Casa de Cultura de Palas de Rei:
GRUPO: METÁTESE TEATRO, de Palas de Rei.
OBRA: FÍOS!
HORARIO: 21:00 horas.



MÉRCORES, 29 DE AGOSTO.
GRUPO: CAXIGOS TEATRO, de Curtis.
OBRA: Os supergaleguistas.
HORARIO: 21:00 horas.

XOVES, 30 DE AGOSTO.
GRUPO: DEBULLANDO TEATRO, de Negreira.
OBRA: E ti de quen vés sendo?
HORARIO: 21:00 horas.

VENRES, 31 DE AGOSTO.
GRUPO: SOLEDAD FELLOZA.
OBRA: Xeografía do imaxinario.
HORARIO: 21:00 horas.
            Esta actuación será en Albá con motivo da VIII edición de Son d’aldea.

SÁBADO, 01 SETEMBRO.
Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 10:00.
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: AS NOVAS NA ALDEA.
AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro.
HORARIO
: 10:00 horas.

DOMINGO, 02 DE SETEMBRO.
GRUPO: GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA.
OBRA: A farsa do bululú.
HORARIO: 21:00 horas
        Esta actuación está subvencionada pola Excma Deputación de Lugo a través do programa BUXIGANGA.



XVIII PREMIO MÁCARA: Grupo de teatro Chévere.
XII PREMIO CAREÓN: Carlos Callón.
I PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL.




            Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás as funcións que se presentarán en Santo Xusto o sábado, 25 de agosto, e o domingo 26, de agosto, que serán ás 18:30 horas; a do venres, 1 de setembro, de Soledad Felloza que será ás 20:00 horas e que se escenificará na aldea de Albá e o propio espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe, Gontá e Gundiá o sábado 1, de setembro, desde as 10:00 horas da mañá ata as 14:00.

            O sábado, 1 de setembro, durante a xornada de SON D’ALDEA, entregarase o XIII Premio Careón ao escritor CARLOS CALLÓN en recoñecemento pola súa labor como escritor e dinamizador da cultura galega e o XVIII Premio Mácara ao GRUPO DE TEATRO CHÉVERE pola súa traxectoria nos escenarios e o seu apoio ao teatro amador e de rúa. Nesta edición entregarase o I PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL,dotado con 1000 euros e placa, a unha persoa e a unha entidade, que se distinguen pola súa labor de defensa do patrimonio cultural do rural.

            O sábado, 1 de setembro, nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe, Gontá e Gundiá celebrarase a VIII edición de SON D’ ALDEA, actividade protagonizada polos veciños e polas veciñas das aldeas do Concello. Trátase dun evento dinamizador da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala. (www.sondaldea.es)

Hoxe en día a  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO  CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia...

Para máis información:


Ou nos teléfonos 655345123 (Afonso) ou 670523688 (Xosé Manuel).


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

FIOS

O PRÓXIMO VENRES 1 DE XUÑO , METÁTESE TEATRO ESTREA A SÚA NOVA OBRA "FIOS" .
AGARDÁMOSTE NA SALA A FUNDACIÓN , EN MELIDE ÁS 23:00 HORAS.


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

AS AULAS DE TEATRO VIAXAN A NAVARRA E FRANCIA

Hoxe parten cara NAVARRA E FRANCIA as AULAS DE TEATRO do:

- IES ANTON LOSADA DIEGUEZ DA ESTRADA 
-ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE LAXE 
-OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI 
-AULA DE TEATRO DO CPI DE TOURO 
-AULA DE TEATRO DO IES ANTON FRAGUAS DE COMPOSTELA 


90 alumnos e alumnas e 10 profes levan o espectaculo teatral e musical máis aló dos escenarios galegos, para compartilo con outros rapaces e rapazas de Navarra e Francia.
TEATRO, MÚSICA , MAXÍA, BAILE, CONVIVENCIA.....
A DISFRUTAR !!!!!!
Deixamosvos un enlace para que poidades ver os acontecementos mais importantes desta maravillosa experiencia!!!

https://teatroenruta.wordpress.com/

BRINCAS , CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!

XI FESTIVAL GALEGO DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI


XI FESTIVAL GALEGO DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI

Presentouse esta mañá ás 13:30 horas no Salón de plenos do Concello de Palas de Rei o XI FESTIVAL GALEGO DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI que se celebrará o sábado 14 de abril no Salón de actos da Casa de Cultura de Palas de Rei e na aldea de Merlán. Este evento está organizado polo Obradoiro Municipal de Teatro, a Asociación Cultural A Fonte de Merlán, o Grupo de música e baile tradicional Palacio do Rei, Alentía Teatro e Metátese Teatro. Na presentación participaron o Alcalde desta vila, Pablo Taboada Camoira, e a presidenta de Alentía Teatro, Gema Buján Mosteiro.
Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Laxe, Compostela, Palas de Rei, Touro e A Estrada) con idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos.  
O programa deste Festival é o seguinte:
         Haberá un roteiro teatral, musical e poético ás 16:30 horas na aldea de Merlán ao longo dun tramo do Camiño Primitivo de Santiago que estará protagonizado por veciños e veciñas de Merlán,  polo alumnado do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e polas Asoacións A Fonte de Merlán e Palacio do Rei.
 Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos e persegue varios obxectivos: achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, o achegamento do alumnado ao mundo rural e á cultura tradicional e a posta en valor do Camiño Primitivo a Compostela, pois a maior parte do roteiro transcorre ao longo dun tramo deste camiño.

         Ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Palas de Rei, a Escola Municipal de Teatro de Laxe, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Aula de Teatro do CPI de Touro, A Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíñas Teatro” e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo Un planeta literario máxico.

Trátase dun espectáculo de creación colectiva que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta  imprescindible na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, a paz, a humildade, o respecto… Este traballo de máis cen actores e actrices amosa, tamén, o valor da lectura como elemento esencial na formación de persoas equilibradas emocionalmente, autónomas e libres; pon de manifesto a relevancia da empatía con aqueles que sofren para habitar na auténtica esencia do ser humano; reivindica o valor do desenvolvemento de proxectos educativo colectivos…

         Un planeta literario máxico supón, ademais, un viaxe ao universo da imaxinación, da diversión e do xogo para abrir unha fiestra á fantasía e desfrutar da maxia da creatividade que ilumina un camiño de marabillas que nos permite poñer ás e voar. Actrices e actores sobre un escenario onde habita unha utopía que, paseniñamente, se transforma en realidade, grazas ao traballo cooperativo de todo o grupo e que alimenta as raíces e os anceios de compartir a certeza de que a liberdade só é posible cando nos atrevemos a soñar un mundo máis xusto e libre. Máis feliz. Máis humano. Trátase, pois, dun espectáculo que pretende alentar o desfrute dos sentidos convertíndoos en ferramenta subversiva que contribúa a cambiar o mundo. Voa, se queres. Constrúe o teu paraíso. Nós imaxinamos o noso. Un mundo que baila, que soña, que vibra… todo PARA TI! Arriba o pano!
        
         Este Festival permite que o alumnado das cinco aulas de teatro interactúe e propicia que amose o traballo realizado durante o Curso teatral que se desenvolveu ao longo do curso académico 2017/18 nas cinco localidades; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral . Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 4 de marzo no Teatro Principal de Compostela, continuou o día 15 de marzo deste ano en Ourense no Teatro Principal; o 19 de marzo no CPI Cabo da Area, de Laxe (Dentro da semana cultural deste centro) e que seguirá o 29 de abril na Estrada  e en maio en Navarra, Francia, Laxe...





BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!