CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER, METÁTESE TEATRO PRESENTA, : " A MERLIÑA"
A Merliña, un pequeno, simpático e gracioso personaxe, símbolo da esperanza
dentro dun mundo gris, transita na procura dunha resposta a unha pregunta
universal: “Quen son?” Principia así desde o seu niño un percorrido vital enriba
das táboas do escenario no que ten que enfrontarse a diferentes personaxes
larapeteiros que son a personificación da avaricia, da gula, da prepotencia, do despotismo, da ruindade…
Trátase dun espectáculo que supón un
achegamento ao xogo e a comicidade como ferramentas de crecemento construtivo,
como mananciais de creatividade e experimentación, como afirmacións de
principios enriquecedores da reivindicación da diferenza e da igualdade xénero, como fiestras abertas á sensibilidade, á esperanza nun
futuro mellor…
A través da expresión corporal, da voz e das accións físicas dos actores e das actrices o receptor habitará nun universo de tenrura, de delicadeza, de sorrisos puros e dozura. No fondo esta obra amósanos unha auténtica lección de amor, de pureza sentimental, de sensibilidade… o que para Oscar Wilde é o “segredo perdido do mundo que buscaron sempre os sabios”. Arriba o pano.
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DAS ACTUACIÓNS
BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario