XXI MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI: PROTOCOLO DE SEGURIDADE E ACCESO

 





NORMAS COVID-19

XXI MOSTRA INTERNACIONAL

DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI

TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO (PALAS DE REI)

ANO 2020

 

1.- DO EDIFICIO DA CASA DA CULTURA.

 

−        A Mostra de Teatro desenvolverase no espazo físico do andar baixo da Casa de Cultura (vestíbulo de entrada; aseos; vestiario e salón de actos). Este espazo deberá limparse e desinfectarse antes de cada espectáculo e do acceso dos técnicos, actores e publico ao recinto, e ventilarse a diario.

−        Por todo este espazo estarán instalados carteis informativos e difusores de xel hidroalcólico.

−        O acceso ao espazo da Mostra estará controlado en todo momento desde o inicio da montaxe de cada obra ata o remate da desmontaxe.

−        En todo o espazo será obrigatorio o uso en todo momento da máscara e de xel hidroalcólico.

−        O acceso aos aseos será controlado e individualizado, só pode acceder unha persoa de cada vez a cada un dos dous aseos. Debendo facer uso da mascara e do dispensador de xel hidroalcólico ao entrar e ao saír dos mesmos.       

 

 

2.- DO MATERIAL TÉCNICO E ARTÍSTICO.

 

−        O material técnico de son e iluminación instalado para a Mostra, limparase e desinfectarase antes da súa instalación ao inicio da Mostra e ao retirarse unha vez finalizada.

−        Todo aquel técnico que manipule ou estea en contacto con calquera elemento do equipo de luz e son deberá facelo usando os EPI´s adecuados para iso.

−        A mesa e os elementos de control de Luz e Son deberán limparse e desinfectarse antes e despois de cada espectáculo.

−        Calquera material técnico, decorado ou atrezo das compañías que realizan as actuacións, será unicamente manipulado polos membros da mesma, sendo responsabilidade deles a súa limpeza e desinfeción. 

 

 

3.- DOS ACTORES E TECNICOS DOS GRUPOS PARTICIPANTES.

 

−        O acceso de todos os membros do grupo que participen en cada unha das funcións estará controlado. Sendo obrigatorio o uso de xel hidroalcólico e da máscara en todo o recinto (agás no escenario e unicamente durante a actuación teatral).

−        Todo aquel que manipule ou estea en contacto con calquera elemento do escenario ou do atrezo fixo deste deberá facelo usando os EPI´s adecuados para iso.

−        Calquera material ou elemento das compañías que realizan as representación, será unicamente manipulado polos membros da mesma, sendo responsabilidade deles a súa limpeza e desinfeción. 

 

4.- DO PÚBLICO ASISTENTE E DAS FUNCIÓNS.

 

−        O aforo do Salón de actos reducirase para manter a distancia de seguridade.

−        Priorizarase a reserva anticipada.

−        Informarase aos asistentes con carteis e na web oficial da Mostra (http://teatrometatese.blogspot.com.es/) das medidas de seguridade obrigatorias para os asistentes.

−        É obrigatorio o uso de xel hidroalcólico e da máscara en todo o recinto en todo momento.

−        Tomaremos a temperatura a entrada, sendo a máxima permitida de 37,5º. Reservámonos o dereito de admisión para evitar que calquera persoa con posibles síntomas de coronavirus acceda ao recinto.

−        O acceso será individualizado e graduado ao igual que a saída. Unha vez ocupada a cadeira asignada non se pode un mover dela agás por algunha causa de forza maior que sexa xustificable.

−        Non se pode comer, nin beber, nin chuspir, nin fumar en todo o recinto e os teléfonos móbiles deberán permanecer apagados.

−        Os menores de 5 anos deberán ir acompañados por un adulto.

−        Non se permite o acceso de animais.

 

 

PROTOCOLO DE ACCESO.

 

−        Calquera asistente con problemas de mobilidade e/ou que por cuestións de saúde non poida ter posta a mascara debera comunicalo con anterioridade para dispoñer dun lugar acorde ás súas circunstancias, e de ser posíbel usar pantalla ou outros elementos.

−        Antes da apertura de portas pedirase ao público que se congregue no exterior da Casa da Cultura que cumpra as normas de seguridade, distanciamento e uso de máscara. E que lean os carteis coas normas de seguridade colocada no exterior.

−        O acceso farase de un en un e por indicación dun dos responsables da organización. Tendo preferencia aqueles que reservaron entrada e teñen unha cadeira asignada.

−        Primeiramente aplicaráselle xel hidroalcólico sobre as mans e mediránselle a temperatura, mentres se lle  indicaran as normas de seguridade da Mostra.

−        Seguidamente conducirano ata o lugar que ten asignado e indicaralle que non se pode mover ata que unha vez rematada a representación llo indiquen (DEBE QUEDARLLE CLARO que  acceso é individualizado e graduado ao igual ca saída).

−        Unha vez completado o aforo ou cumprida a hora de peche de portas, procederase ao peche, colocando carteis nas portas que indiquen que non se pode entrar.

−        Antes de apagar as luces e comezar a función, o presentador lembraralles aos asistentes as normas de seguridade.

−        Rematada a función o presentador indicará aos asistentes o proceso graduado de saída que será dirixido polo persoal de seguridade.

−        Unha vez que todos os asistentes estean fóra, procederase ao peche das instalacións.

 

            O INCUMPRIMENTO DALGÚN DESTES PROTOCOLOS DE SEGURIDADE OU CALQUERA ALTERACIÓN DA ORDE PODE CAUSAR A EXPULSIÓN E IMPEDIR O ACCESO ÁS DEMAIS FUNCIÓNS. ASÍ COMO A POSTA EN COÑECEMENTO DAS AUTORIDADES COMPETENTES DOS FEITOS EN CUESTIÓN. A reservas caducarán ás 20.55 h. se non se fan efectivas.

 

BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario