XVII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR-PROFESIONAL DE PALAS DE REI

XVII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR-PROFESIONAL DE PALAS DE REI
TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO




O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, e a presidenta de Alentía Teatro, Xema Buján Mosteiro, presentaron está mañá no Salón de Plenos do Concello, ás 13:30 horas, a XVII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.



         Nesta decimosétima edición participarán 16 grupos de Galicia, Estremadura, Navarra e Castela A Mancha e pasarán polo escenario máis de 350 actores e actrices con idades comprendidas entre os tres e os oitenta cinco anos.

O programa desta edición queda como segue:

MÉRCORES, 17 DE AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO, DE PALAS DE REI.
OBRA: VARIEDADES.

XOVES, 18 DE AGOSTO.
GRUPO: VOLTA E DÁLLE TEATRO.
OBRA: DURA LEX.
Esta actuación está subvencionada pola Excma. Deputación de Lugo.

VENRES, 19 DE AGOSTO.
GRUPO: ELEFANTE ELEGANTE.
OBRA: Fados.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.

SÁBADO, 20 DE AGOSTO.
GRUPO: GARNACHA TEATRO, de Calamonte (Estremadura).
OBRA: Misterio bufo.

DOMINGO, 21 DE AGOSTO.
GRUPO: FOLERPAS TEATRO, DE LAXE.
OBRA: Intimidades.



MARTES, 23 DE AGOSTO.
GRUPO: LUCECÚS TEATRO.
OBRA: A órbita do lucecú.
Esta actuación está subvencionada pola Excma. Deputación de Lugo.

MÉRCORES, 24 DE AGOSTO.
GRUPO: LUSCO FUSCO TEATRO, DE PALAS DE REI
OBRA: Traballos.

XOVES, 25 DE AGOSTO.
GRUPO: ÓSCAR VARELA.
OBRA: Etiquetas. (Estrea)

VENRES, 26 DE AGOSTO.
GRUPO: A TROPA DE TRAPO.
OBRA: Contos de defuntos (e outros asuntos).
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.

SÁBADO, 27 DE AGOSTO.
GRUPO: GAT, Grupo Alhama de Teatro, de Navarra.
OBRA: El burgués gentilhombre.

DOMINGO, 28 DE AGOSTO.
GRUPO: GRUPO DE TEATRO “LA INVENCIBLE”, de Villalpardo.
OBRA: ¡Ay, Carmela!
HORARIO: 21:00 horas.



MÉRCORES, 31 DE AGOSTO.
GRUPO: Debullando Teatro, da Escola Municipal de Teatro de Negreira.
OBRA: Oldtown.

XOVES, 01 DE SETEMBRO.
GRUPO: Xarope Tulú.
OBRA: Estrafalaria.

Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
VENRES, 02 DE SETEMBRO.
GRUPO: VOLTA E DÁLLE TEATRO.
OBRA: Rodesindo da Barbosa.
Esta actuación está subvencionada pola Excma Deputación de Lugo e levarase a cabo na aldea de Albá.

SÁBADO, 03 SETEMBRO.
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: SON D’ALDEA

DOMINGO, 04 SETEMBRO.
GRUPO: Metátese Teatro.
OBRA: A saco!!!



XVI PREMIO MÁCARA: Pepe Penabade.
XI PREMIO CAREÓN: Valentina Formoso Gosende.





         Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a función do venres, 2 de setembro, de Volta e Dálle Teatro que será ás 20:00 horas e que se escenificará na aldea de Albá e o espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará nas aldeas de Albá e Santo Xusto o sábado 3, de setembro, desde as 10:30 horas da mañá ata as 13:30.

         O sábado, 3 de setembro, durante a xornada de SON D’ALDEA entregarase o 11º Premio Careón á escritora VALENTINA FORMOSO GOSENDE como recoñecemento á súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega e o 16º Premio Mácara ao actor PEPE PENABADE pola súa traxectoria nos escenarios e o seu apoio ao teatro amador.

Ambos premios levan o nome de dous referentes paisaxísticos de alto valor ecolóxico do Concello de Palas de Rei e procuran chamar a atención sobre a necesidade  da súa conservación e posta en valor: O MONTE CAREÓN E AS TORRENTES DE MÁCARA.  Estes premios constan dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista compostelá Lourdes Matalobos.

         O sábado, 3 de setembro, nas aldeas de Albá e Santo Xusto celebrarase a VI edición de SON D’ ALDEA, actividade protagonizada polos veciños e polas veciñas das aldeas do Concello, sobre todo, Albá e Santo Xusto. Trátase dun evento dinamizador da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala.

Hoxe en día a  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO  CAMINO DE SANTIAGO  é un referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia...
BRINCAS,SORRÍS E CAMIÑAS DENTRO DE NÓS GABRIEL !!!!!


1 comentario:

  1. Parabéns polo voso traballo e moitas grazas por permitirnos desfrutar de tantos días de teatro!!!

    ResponderEliminar