O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, e dous personaxes da obra CAMBIO DE COR, (VERMIÑO E VAGALUME) de Alentía Teatro, presentaron está mañá no Salón de Plenos do Concello, ás 12:00 horas a XVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Nesta
decimosexta edición participarán 14 grupos de toda Galicia e pasarán polo
escenario máis de 300 actores e actrices con idades comprendidas entre os tres
e os oitenta cinco anos.
O programa desta edición queda como segue:
MÉRCORES, 19 DE
AGOSTO.
GRUPO: Obradoiro Municipal de Teatro, de Palas de Rei.
OBRA: Brincos de fantasía.
OBRA: Brincos de fantasía.
XOVES, 20 DE
AGOSTO.
. GRUPO: Grupo de Teatro o Batán, de Cangas de Foz.
OBRA: Igualdade Virtual.
OBRA: Igualdade Virtual.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a
través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
VERNRES, 21 DE
AGOSTO.
GRUPO: VOLTA E DÁLLE TEATRO.
OBRA: Rodesindo da Barbosa.
OBRA: Rodesindo da Barbosa.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a
través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
SÁBADO, 22 DE
AGOSTO.
GRUPO: ALENTÍA TEATRO
OBRA: Cambio de cor.
OBRA: Cambio de cor.
DOMINGO, 23 DE
AGOSTO.
GRUPO: Folerpas Teatro
OBRA: O mundo das ras.
OBRA: O mundo das ras.
MÉRCORES, 26 DE
AGOSTO.
GRUPO: LUSCO FUSCO TEATRO.
OBRA: Vareadas de creatividade.
OBRA: Vareadas de creatividade.
XOVES, 27 DE
AGOSTO.
GRUPO: GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA.
OBRA: Todo é un conto. Estación de autobuses. Os cravos de prata.
OBRA: Todo é un conto. Estación de autobuses. Os cravos de prata.
VENRES, 28 DE
AGOSTO.
GRUPO: TEATRO SOLIDARIO “AS INSUAS”.
OBRA: Kronamar.
OBRA: Kronamar.
SÁBADO, 29 DE
AGOSTO.
GRUPO: Metátese Teatro .
OBRA: Brinquedos.
OBRA: Brinquedos.
DOMINGO, 30 DE
AGOSTO.
GRUPO: DANDYLADY.
OBRA: Poeticlub.
OBRA: Poeticlub.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a
través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
MÉRCORES, 02 DE
SETEMBRO
. GRUPO: ELEFANTE ELEGANTE.
OBRA: Lobo bobo
.
OBRA: Lobo bobo
XOVES, 03 DE
SETEMBRO
.GRUPO: Centro Teatral Faro Miño.
OBRA: Os trillizos da Socorro.
.GRUPO: Centro Teatral Faro Miño.
OBRA: Os trillizos da Socorro.
VENRES, 04 DE
SETEMBRO.
GRUPO: Isabel Risco.
OBRA: Nabiza girl.
OBRA: Nabiza girl.
SÁBADO, 05
SETEMBRO.
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: SON D’ALDEA.
OBRA: SON D’ALDEA.
Todas as funcións serán ás 21:00 horas
na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a función do sábado, 20 de agosto, de
Alentía Teatro, CAMBIO DE COR, que se escenificará na Praza do Concello
e as do venres 4 de setembro, de Isabel Risco, Nabiza girl, que se
presentará en Albá ás 21 horas e o espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará
nas aldeas de Albá e Santo Xusto o sábado 5, de setembro, desde as 10:30 horas
da mañá ata as 13:30.
Unha das novidades deste ano será unha
exposición fotográfica sobre NEPAL na Casa de Cultura de Palas de Rei entre o
19 de agosto e o 5 de setembro. Esta exposición está baseada nas experiencias
anteriores ao terremoto que asolou coma unha gadoupa fría o país que viviron
tres integrantes de Metátese Teatro (Ana Ramos Lavandeira, Xosé Manuel Pérez
Paredes e Afonso García Penas) entre os días 27 de marzo e o 5 de abril. Con ela preténdese recadar fondos para a ONG
galega DIDIDAI que procura cubrir as necesidades básicas e mais inmediatas dos
mozos e mozas nepalís con necesidades educativas especiais; centrándose, sobre
todo, no orfanato Bal Mandir de Katmandú.
Esta exposición consta de 70 fotografías
impresas sobre cartón pluma de tamaño A3 e compleméntase cunha proxección
doutras 400 fotografías.
O sábado, 5 de setembro, durante a
xornada de SON D’ALDEA entregarase o 10º Premio Careón ao poeta CARLOS NEGRO
como recoñecemento á súa labor como escritor e o 15º Premio Mácara á actriz
ISABEL RISCO pola súa traxectoria nos escenarios.
Ambos premios levan o nome de
dous referentes paisaxísticos de alto valor ecolóxico do Concello de Palas de
Rei e procuran a súa conservación e posta en valor: O MONTE CAREÓN E AS
TORRENTES DE MÁCARA. Estes premios
constan dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista
compostelá Lourdes Matalobos.
O
sábado, 5 de setembro, nas aldeas de Albá e Santo Xusto celebrarase a V edición
de SON D’ ALDEA, actividade protagonizada polos veciños e polas veciñas das
aldeas do Concello, sobre todo, Albá e Santo Xusto. Trátase dun evento
dinamizador da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala. (www.sond’aldea.es)
Hoxe en día a MOSTRA
DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO
CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e pola mesma
teñen pasado xa máis de duascentas compañías do teatro amador galego e máis de trinta
da península e do estranxeiro.
BRINCAS, SORRÍS E CAMIÑAS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario