PROGRAMACIÓN DA XV MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O programa desta edición queda como segue:


XOVES, 21 DE AGOSTO:

-OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI (Lugo)
    Presenta: Na procura da fantasía.

VENRES, 22  DE AGOSTO.  

-GRUPO DE TEATRO “O BATÁN”,  de Cangas de Foz.
        Presenta: Retiractivos.

SÁBADO, 23 DE AGOSTO.

-METÁTESE TEATRO, de Palas de Rei.
Presenta: A gran final.

DOMINGO, 24 DE AGOSTO.

-ULLOÍN, O PALLASO DA ULLOA.
        Presenta: Contamos un conto?
                                                                                 

XOVES, 28  DE AGOSTO:

-Mircromina Títeres, de Mondoñedo.
        Presenta: Vacacións no mar.

        Esta actuación está subvencionada pola área de cultura e turismo da Deputación Provincial de Lugo.



 VENRES, 29  DE AGOSTO.  

-ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA “TI E MAIS EU TEATRO”, DE FERROL E QUENMAISTEN TEATRO DAS PONTES.
        Presentan: O cadro do espantallo.

        Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.

                                                                                  
SÁBADO, 30 DE AGOSTO.
                     
-LA INVENCIBLE TEATRO, de Villalpardo (Cuenca).
        Presenta: Terapia.

DOMINGO, 31 DE AGOSTO.

-FOLERPAS TEATRO (Laxe).
Presenta: Traballos.
                                                                               


XOVES, 4 DE SETEMBRO.                     

-OS BURLESQUES, de Negreira.
        Presenta: 2033.

VENRES, 5 DE SETEMBRO.                     

-Alentía Teatro, de Palas de Rei.
        Presenta: Chuiva de historias.

SÁBADO, 6 DE SETEMBRO.                     

-ESPECTÁCULO ETNOGRÁFICO “SON D’ ALDEA” (Roteiro teatralizado que percorrerá diversos escenarios da aldea de Albá – Palas de Rei.)


DOMINGO, 7 DE SETEMBRO                                                                               

-PINCHACARNEIRO TEATRO, de Lugo.
        Presenta: Os perseguidores de soños.

        Esta actuación está subvencionada pola área de cultura e turismo da Deputación Provincial de Lugo.


  
        Entre os días 25 e 29 de agosto haberá un obradoiro intensivo de teatro creativo impartido por María Creo. Un curso que pretende ser un espazo aberto á creación e ao desenvolvemento das capacidades expresivas.

http://yocreoteatro.com/curso-expresarte-teatro-creativo-para-actores/


9º PREMIO CAREÓN: SUSO DE TORO.
14º PREMIO MÁCARA: TAMARA CANOSA.

        Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a función do venres 6 de setembro de Alentía Teatro, Chuvia de historias, que se presentará en Albá ás 21 horas e o espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará na aldea de Albá ás 10:30 horas da mañá.

        O sábado día 6 de setembro entregarase o 9º Premio Careón ao escritor SUSO DE TORO e o 14º Premio Mácara a TAMARA CANOSA.

O premio  MÁCARA recoñece a labor de actores, directores, escritores ou calquera outro profesional ou persoa vinculada ao teatro a favor do teatro amador, amateur ou afeccionado e pola súa traxectoria teatral profesional.

Consta dunha figura de cerámica orixinal deseñada e realizada pola artista Lourdes Matalobos.

         No ano 2006 creouse o PREMIO LITEARIO CAREÓN que leva o nome dun dos referentes do Concello de Palas de Rei e da Comarca da Ulloa o Monte Careón. Recoñece a traxectoria literaria dun escritor ou escritora en lingua galega.  O “Premió Careón”  entregouse na súa primeira edición á escritora ROSA ANEIROS.

        SON D’ ALDEA é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece  unha visión de diversos oficios; dun XANTAR con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha ROMARÍA tradicional que pechará este evento.
            Haberá tamén unha Mostra de artesanía alimentaria e outra de oficios artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.

Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna. (www.sondaldea.com)

Hoxe en día a  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO  CAMINO DE SANTIAGO  é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e pola mesma teñen pasado un amplo número de grupos galegos (Centro Dramático Vilalbés, TEATRO MUTANTE de Ourense, Candelexas de Noia, CASA HAMLET de A Coruña, PALIMOCO de Lugo, NOITEBRA de Marín, ACHADEGO de Lugo, Teatro A MACHINA de Ferrol, OQUETIQUEIRAS de Ferrol, Lohengrín Teatro de Vigo, O Trasno Novo Teatro de Vigo, etc.) e tamén do resto da península (LAPSUS TEATRO de Palencia, Compañía de Teatro Blas de Otero de San Sebastián de los Reyes - Madrid, COMPAÑIA COMARCAL 234 de Pedralba, Valencia, SKENE TEATRO de Gran Canaria, Ivencible Teatro de Villalpardo (Cuenca); Les Melies, de Pineda de Mar,Garnacha Teatro, de Mérida etc.) e doutros países como TIPAR TEATRO de Porto (Portugal), a Compañía Cubana  de Teatro Máscara Laroye, Grupo de Teatro Ajidanha, de Idanha a Nova ou “LA VUELTA” Grupo de Teatro de la Universidad Autonoma de QUERÉTARO, CONACULTA-FONCA  (MEXICO).


No hay comentarios:

Publicar un comentario