Próximas actuacións de Metátese

Metátese Teatro estrea dúas obras novas :

 "A GRAN FINAL":

HUMOR 100% + RETRANCA 100% + MÚSICA 100 % + TENSIÓN 100 % =A GRAN FINAL!!      
Vas a perder o partido do milenio? A qué a agardas? Senta na túa cadeira e prepárate para mergullarte nunha fervenza de gargalladas ,intensidade e de emoción.
       Comedia de alta velocidade sobre o mundo do deporte: competición, relacións suplentes -titulares, grandes estrelas, fracasos, soños...Dende que comezou o milenio vivimos ducias de " partidos do século". En décimas de segundo os deportistas pasan do anonimato á fama; do éxito ao fracaso; de ser adorados a ser execrados....

  " FACEMOS A GUERRA?":

Espectáculo que aborda o tema da guerra desde o punto de vista do absurdo.
Amosa como uns soldados de ambos bandos obedecen ao mesmo xeneral , como se sburren, como se entreteñen en cadansúa trincheira , como unha familia goza dun día no campo ( de batalla), incluso xantando cun prisioneiro...
   Transitando entre o cómico e o poético preténdese levar ao espectador cara a reflexión e o riso.....

Aquí deixámosvos as fechas das actuacións....

"A GRAN FINAL":
                -Ribadeo:    27/ Abril

                -Negreira:    2/ Maio

                -Ferrol:        24-25/Maio

               - Cádiz:      28-29 / Xuño

" FACEMOS A GUERRA": 

               - O Vicedo:    8/Novembro 

               -O Corgo:     22/ Novembro


Acompañádenos!!
Moitas grazas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario