XXV MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI
DO 21 DE AGOSTO AO 7 DE SETEMBRO
TEATRO NO
CAMIÑO DE SANTIAGO.
O
Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; as encargadas do apartado de
Produción Ana María García Negro, María Xosé Mourenza García, Xema Buján
Mosteiro e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron está
mañá no Salón de Plenos do Concello, ás 12:00 horas, a XXV MOSTRA
INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO,
organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os
Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de
Palas de Rei.
Nesta
vixésimo quinta edición participarán compañías de Galicia, Estremadura, Castela A Mancha e Cataluña.
O programa desta edición queda
como segue:
PRIMEIRA SEMANA
MÉRCORES, 21 DE
AGOSTO.
GRUPO: BRAIS DAS HORTAS.
OBRA: Contos para caghar patatillas.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
Esta actuación está subvencionada pola Consellería de
Cultura, Lingua e Xuventude a través do programa CULTURA NO CAMIÑO.
XOVES, 22 AGOSTO.
GRUPO: CDG e Teatro ó cubo.
OBRA: A Utópica rodante 'De Vilatriste a Vilalegre'
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Praza do Concello de Palas de Rei.
VENRES, 23 DE
AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE
TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
OBRA: Á luz das candeas.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
SÁBADO, 24
AGOSTO.
GRUPO: Garnacha Teatro, de Calamonte
(Mérida).
OBRA: De tripas corazón.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
DOMINGO, 25
AGOSTO.
GRUPO: Metátese Teatro.
OBRA: Na procura dun traballo.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
Entrega do VII
PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO
EN HOMENAXE A
GABRIEL BARREIRO TOURAL á ASOCIACIÓN CULTURAL PALACIO DO
REI.
SEGUNDA SEMANA
XOVES, 29 DE
AGOSTO.
GRUPO: SOLE FELLOZA.
OBRA: O comezo do mundo.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Cultura,
Lingua e Xuventude a través do programa CULTURA NO CAMIÑO.
VENRES, 30 DE AGOSTO.
GRUPO: Ánxeles Goás.
OBRA: O medo é libre.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
Esta actuación está subvencionada pola Consellería de
Cultura, Lingua e Xuventude a través do programa CULTURA NO CAMIÑO.
SÁBADO, 31 DE AGOSTO.
GRUPO: Ses Garbo girls del Orfeó
mahonés.
OBRA: Orinoco.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
DOMINGO, 1 DE
SETEMBRO.
GRUPO: Escuela de Teatro e
Invencible Teatro, de Villalpardo (Cuenca).
OBRA: El viaje entretenido o de
piojos y actores.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
TERCEIRA SEMANA
XOVES, 5 DE SETEMBRO.
GRUPO: Óscar Varela.
OBRA: Os contos de Manuel.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de
Rei.
VENRES, 6 DE SETEMBRO.
GRUPO: Paula Carballeira.
OBRA: Os contos que contan.
HORARIO: 20:30 horas.
LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal,
Santiago de Albá.
SÁBADO, 7 DE
SETEMBRO.
GRUPO: XIII SON D’ALDEA
OBRA: O valor da auga.
HORARIO: 10:00 horas.
LUGAR: Aldea da Graña.
Entrega de:
XXIV PREMIO MÁCARA: Catuxa Salom.
XIX PREMIO CAREÓN: Xosé Luis Otero Cebral.
Todas
as funcións serán ás 20:00 horas na Casa
de Cultura de Palas de Rei, excepto a de Paula Carballeira, do venres 6 de
setembro, que terá lugar no PARLADOIRO
de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá, ás 20:30 horas e a do sábado, 7
de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros,
bouzas, soutos... da GRAÑA e que principaiará ás 10:00 horas no campo da
festa desta aldea.
O
sábado, 7 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o XIX Premio Careón ao escritor XOSÉ LUIS
OTERO CEBRAL en recoñecemento ao
seu labor como escritor e defensor da Ulloa. Entre os
argumentos empregados polo XURADO destacan:
1.-
Creador que mergulla e canta ás xentes da Ulloa con sentimento de pertenza e
orgullo.
2.-
Sobresaen na súa obra a terra e a sociedade que o criaron.
3.- O seu
labor de dinamizador cultural e creador de opinión.
4.- A
investigación, posta en valor e transmisión no terreo da etnografía.
5.- A
defensa decidida da cultura en galego e do ámbito rural.
Ese mesmo día tamén se fará
entrega do XXIV Premio Mácara a CATUXA SALOM pola súa traxectoria profesional
como actriz, cantante e compositora. Entre os argumentos
empregados polo XURADO destacan:
1.- A
calidade artística e humana amosada na súa traxectoria como actriz, cantante e
compositora.
2.- A
defensa decidida da cultura en galego e do ámbito rural.
3.- A
implicación en proxectos que amosan unha maneira de ollar diferente e que
cantan ao ecofeminismo e ás raíces.
O domingo, 25 de agosto, ás
20:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o VII PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A
GABRIEL BARREIRO TOURAL, dotado con 1000 euros e figura á ASOCIACIÓN
CULTURAL PALACIO DO REI. Este
premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E
CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA TEATRO E METÁTESE
TEATRO. Entre os argumentos empregados polo
XURADO destacan:
1.- O
traballo decidido a prol da adquisición,
conservación, coidado e consolidación da cultura tradicional galega.
2.- Organización
e participación en Festivais que posibilitan a visibilización de tecido
cultural en galego.
3.- Favorecer
e crear espazos pedagóxicos que
propician:
·
A defensa
da lingua galega.
·
O coñemento etnográfico do mundo rural.
·
A defensa decidida da cultura en galego e
do ámbito rural.
4.- A posibilidade
de acceso festivo á cultura tradicional galega para nenos/as e mocidade;
facilitando, así mesmo, a comunicación entre xeracións.
Hoxe en día a
MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do
panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis
de trescentas compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e
de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...
METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación
Teatral Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación
na actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.
Para máis información:
http://teatrometatese.blogspot.com.es/
Ou nos teléfonos
655345123 (Afonso) ou 670523688 (Xosé Manuel).
No hay comentarios:
Publicar un comentario