II SON DO MAR

 O GALP Golfo Ártabro Sur promove a segunda edición do roteiro teatralizado “Son do Mar” aínda que, nesta ocasión, e debido á situación sanitaria provocada polo covid-19, preséntase a través de quince vídeos que percorren os preto de 80 kilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

A personaxe que vertebra a historia é o emigrante retornado Ramón Boutureira. Despois de case 70 anos en Nova York volve á súa vila natal para ir contemplando en primeira persoa os cambios acontecidos nos lugares, na xente e nas costumes que el coñecía de cando transportaba mercadorías co seu pai.

A viaxe tamén levará ao espectador polo pasado e o presente do territorio, falando dos actuais usos dos recursos do mar e da pesca, pero tamén recordando prácticas xa desaparecidas como a captura do longueirón en Bergondo o a colleita de xuncos para o gando, as fábricas de salgadura de Sada ou a pesca con boliche na praia de Morazón.

As redeiras de Lorbé, as familias mariñeiras e o seu amor polo mar, as artes de pesca, a venda de peixe na feira de Cambre e os baños na Marisqueira, a utilidade dos muíños de marea cando os de río non levaban case auga, a actual paisaxe da ría do Burgo, as percebeiras de Rañobre, os tesouros que os temporais deixaban en forma de crebas, a compra de peixe no peirao da Coruña e a venda na Plazuela,… Son algúns dos outros temas que levarán ao espectador pola “memoria do mundo do mar, pola súa beiramar e polo cemento para recuperar o saber tradicional” e que nos fai ser o que somos hoxe, sinalan os promotores.

Elenco local
Nesta ocasión, o GALP Golfo Ártabro Sur volve colaborar coa agrupación Alentía Teatro para a posta en escena baixo a dirección de Afonso García Penas. Outro valor engadido deste proxecto é a colaboración da veciñanza dos sete concellos que integran o territorio. Entre protagonistas, figurantes e público, nesta produción contouse con 33 actores e actrices maiores e menores de 40 anos.




Deixámosvos tamén a entrevista a Federico López, xerente do
GALP Golfo Ártabro Sur
, e a Afonso García Penas, de Alentía Tetaro, director dos 15 capítulos do #IIRoteiroSondoMar, no programa "La mañana con Eva" de
Radio Voz
.



DEIXAMOSVOS O ENLACE PARA VER E DISFRUTAR DOS  CAPITULOS

CAP 1 .BERGONDO. O RETORNADO

https://www.youtube.com/watch?v=FfrJH0fOEh0&ab_channel=Comunicaci%C3%B3nGALPGolfo%C3%81rtabroSur


CAP 2. BERGONDO. DO MAR, CO MAR E NO MAR

https://www.youtube.com/watch?v=tc1hQ8npC2s&t=49s&ab_channel=Comunicaci%C3%B3nGALPGolfo%C3%81rtabroSur

CAP 3.SADA. ENCONTRO

https://www.youtube.com/watch?v=Nn_XBzzhxQk&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=6&t=94s&ab_channel=GALPGolfo%C3%81rtabr

CAP 4.SADA. XARETA E SALGA

https://www.youtube.com/watch?v=vYshiZN2W_c&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=7&ab_channel=GALPGolfo%C3%81rtabroSur

CAP 5. SADA.REDIRAS DE LORBÉ

https://www.youtube.com/watch?v=WoNmPdejIvY&t=41s&ab_channel=GALPGolfo%C3%81rtabroSur

CAP 6. OLEIROS. O AVÓ MARIÑEIRO 

https://www.youtube.com/watch?v=wWsgpDex8ks&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=8&ab_channel=GALPGolfo%C3%81rtabroSur 

CAP 7. CAMBRE. CAMIÑO DA FEIRA

https://www.youtube.com/watch?v=62HF105hwto&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=8

CAP 8.CAMBRE. CAMIÑO DA MARISQUEIRA

https://www.youtube.com/watch?v=wYGxQYMIUY8&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=9

CAP 9 . CULLEREDO. CARA O CAMIÑO DA MAREA

https://www.youtube.com/watch?v=bu3Za8xHqf0&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=10

CAP 10. CULLEREDO. A BELEZA DO MAR

https://www.youtube.com/watch?v=9vukjxHAgRc&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=11

CAP 11. A CORUÑA . PALETAS NA PLAZUELA

https://www.youtube.com/watch?v=53l2HWTgcc8&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=12

CAP 12. A CORUÑA. O MAR ERA A SÚA VIDA

https://www.youtube.com/watch?v=Fz97Dz4j9J8&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=13

CAP 13. RAÑOBRE, AGASALLOS DO MAR

https://www.youtube.com/watch?v=589k8lBPfRA&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=14

CAP 14. ARTEIXO. O LAVADOIRO

https://www.youtube.com/watch?v=g9zdau_wdm4&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=15

CAP 15. UN MAR DE OPORTUNIDADES

https://www.youtube.com/watch?v=_hI2KbNJFns&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE&index=16


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!