XXIII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI. TEATRO NO CAMIÑO

         XXIII MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI,

TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, DO 25 DE AGOSTO AO 25 DE SETEMBRO




O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; as encargadas do apartado de Produción Ana García Negro, Estrela Blanco Taboada e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron está mañá no Salón de Actos do Concello, ás 12:00 horas, a XXIII MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.
Nesta vixésima terceira edición participarán compañías de Galicia, Estremadura, Cantabria e Venezuela.
O programa desta edición queda como segue:

XOVES, 25 DE AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Reviracontos.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
VENRES, 26 AGOSTO.
GRUPO: AVELINO GONZÁLEZ.
OBRA: Contos de contrabando.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
SÁBADO, 27 AGOSTO.
GRUPO: Grupo de Teatro La Burla (Cáceres).
OBRA: Bruxas.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
DOMINGO, 28 AGOSTO (Dobre función).
GRUPO: ALENTÍA TEATRO.
OBRA: Conversas con Óscar Varela.
HORARIO: 18:00 horas.
LUGAR: Pastelería Dulce María.
GRUPO: GRUPO DE TEATRO O XEITO, de Esteiro (Muros).
OBRA: Am@te.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
MÉRCORES, 31 AGOSTO.
GRUPO: OLGA ABAD.
OBRA: Arrivederci Roma.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
XOVES, 1 SETEMBRO.
GRUPO: MARÍA ALEJANDRA GÓMEZ.
OBRA: Murmuraban as miñas veciñas.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.
VENRES, 2 DE SETEMBRO.
GRUPO: Iseo A Moura.
OBRA: Se as árbores falaran.
HORARIO: 20:30 horas.
LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.
SÁBADO, 3 SETEMBRO.
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: Son das carballeiras.
AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro e Alentía Teatro.
HORARIO: 9:30 horas.
LUGAR: Sairase do campo da festa da aldea de Santo Xusto ás 9:30.
VENRES, 9 DE SETEMBRO.
GRUPO: Grupo ATENEO, de Pozuelo de Alarcón.
OBRA: Páncreas.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
SÁBADO, 10 SETEMBRO.
GRUPO: Metátese Teatro, de Palas de Rei.
OBRA: Escola de vaqueiras.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
SÁBADO, 24 SETEMBRO.
GRUPO: Entrecajas Fusión Teatro, de Cantabria.
OBRA: La nº 7.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
DOMINGO, 25 SETEMBRO.
GRUPO: Compañía Regional de Teatro de Carabobo (Venezuela). Actor: Rafael Fajardo.
OBRA: La Lengua.
GRUPO: Rendija Danza Andante, de Palas de Rei.
OBRA: Danza contemporánea.
HORARIO: 20:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

XXII PREMIO MÁCARA: Avelino González.




XVII PREMIO CAREÓN: Xoán Carlos García Porral.




V PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL. Grupo Naturalista Hábitat.




Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, excepto a do venres 2, de setembro, que terá lugar no PARLADOIRO de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá, ás 20:30 horas; o sábado, 3 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de Santo Xusto e que se sairá ás 10:00 horas do campo da festa desta aldea. As dúas funcións do sábado 24 e domingo 25 de setembro serán ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei.
O sábado, 3 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o XVII Premio Careón ao escritor Xoán Carlos García Porral en recoñecemento ao seu labor como escritor, dinamizador da cultura galega e defensor do mundo rural. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXII Premio Mácara a Avelino González pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural. O sábado, 10 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o V PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL,dotado con 1000 euros e plica ao GRUPO NATURALISTA HÁBITAT. Este premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA TEATRO E METÁTESE TEATRO. Entre os argumentos empregados polo XURADO destacan:
1.- O traballo decidido a prol do estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia.
2.- A contribución do grupo na protección de numerosos espazos naturais.
3.- Levar a cabo traballos de alto valor pedagóxico coma:
• Organización de censos, mostraxes, inventarios e informes científicos.
• Organización de xornadas formativas, excursións, charlas, conferencias e cursos.
• Edición de publicacións de carácter científico e divulgativo tanto impresas como en formato dixital.
• Presentación de alegacións a proxectos e elaboración de denuncias por delitos contra o medio natural.
• Participación en movementos sociais que teñen como unha das súas finalidades a protección e a conservación do medio natural.
• Colaboración activa con outras entidades ambientalistas.
Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de trescentas compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...
METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación Teatral Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación na actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.

CAMIÑAS, BRINCAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS, GABRIEL !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario