Actrices e actores do OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI E METÁTESE TEATRO , participan no FILME DOCUMENTAL " SON DE MULLER" UN SILENCIO POR ROMPER.
O Concello de Palas de Rei, a través dos seus medios dixitais, emitirá desde o martes 16 ata o Xoves 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Filme Documental “SON DE MULLER”, que consta de nove capítulos, emitíndose un por día, unha actividade da Campaña “Palas de Rei dille non a violencia de xénero. Non máis violencia contra as Mulleres”, organizada polo Centro de Información á Muller.
IREMOS DEIXANDO OS ENLACES DOS CAPÍTULOS CADA DÍA
CABECEIRA SON DE MULLER
CAPÍTULO 1: " MOCEO"
Este capítulo lémbranos que o noivado non era o mesmo se eras mozo ou moza, á muller non lle era dado petar na porta do home, só se lle permitía agardar.
CAPÍTULO 2: E ESCACHOU
Hai mulleres con xenio e que esculcaron a realidade con forza e ánimo, que respondían como é debido ante situacións de difícil acomodo cando a actitude dos homes era de obrigado servizo cara a eles por parte delas.En E ESCAHOU amósase a rebelión e o xenio ante o servizo debido aos homes sen máis en circunstancias semellantes de cansazo e no día a día.
CAPÍTULO 3: SERVIR
Rosiña, nena de 13 anos fixéranlle ver a vantaxe que era ir servir á vila unha rapaza da aldea; aínda que había de todo, había mulleres que non o vían con agrado.
O convencemento de que unha nena da aldea gaña e mellora indo a servir a unha casa da vila, toda unha vida de servizo que na vellez se ve illada e fóra da sociedade.
CAPÍTULO 4: CALADAMENTE BOTA A ANDAR
Catuxa rebelase ante a pretensión de dominio que un mozo na actualidade intenta exercer sobre ela, agravado pola vitimización e o dereito que cre ter baseado no suposto querer.CAPITULO 5: UN PUNTO NEGRO CON SOMBREIRO
Un punto negro con sombreiro.
Por que tería Xulia que aguantar iso??
Por que seguen tantas mulleres aguantar "iso" na actualidade?
Bo capítulo para reflexionar .
CAPÍTULO 6: UN RECREO PARA AS RAPAZAS
UN RECREO PARA AS RAPAZAS achéganos de novo á sociedade actual, aínda hai lugares e circunstancias nos que abrolla a disparidade e espazos nos que as rapazas son apartadas, ou desprezadas pola súa condición; así mesmo engádese o control sentimental axudado polas redes sociais.
CAPÍTULO 7: SEN NOME
A opinión da muller á hora de casar non sempre era oída nin respectada, arranxaban o casamento as familias e colocábaas o pai como mellor lle parecía..
Cantas mulleres seguen SEN NOME na actualidade???
Seguimos invitando a reflexionar.
CAPÍTULO 8: TEMPO PERDIDO
Avoa, as mulleres cando casan xa é para sempre?” “Pois si, en principio, si. Pero hoxe todo ten remedio, se non se levan ben, pódense separar ou divorciar. Mais hai anos si, era moi difícil romper o casamento, sobre todo as mulleres. Cantas teñen pasado algunhas! A non ser que volvesen para a casa dos pais ou lles concedesen a nulidade, que era como se nunca casasen e entón podían volvelo facer. Vouche contar un caso.”
O casamento era para a vida. *As necesidades das mulleres pouco eran tidas en conta*, sí as do home.
CAPÍTULO FINAL: UN OCO A REVERTER
Con todo, tamén había vidas moi ben levadas en parella e en familia. A falta dela provocaba un enorme oco que revertía en cada momento e xesto, sempre con agradecemento por parte del, con amor; e rapazas que se volvían nais dos irmáns
.
A TODA A XENTE QUE PARTICIPOU NESTE FERMOSO PROXECTO,
O CAL NON SERÍA O QUE É SEN TODOS VÓS.
GRAZAS DE TODO CORAZÓN💓💓💓💓
BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario