XXII MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI,
TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO.
O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o
Presidente da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos,
Xosé Manuel Pérez Paredes e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas;
as encargadas do protocolo COVID Xema Buján Mosteiro e Ana García Negro presentaron
está mañá no Salón de Plenos do Concello, ás 10:00 horas, a XXII MOSTRA DE
TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola
Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en
colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.
Nesta vixésima segunda edición participarán dez grupos de
Galicia e un de Pozuelo de Alarcón.
O programa
desta edición queda como segue:
MARTES,
31 DE AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do
alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Contos, lendas e outras
historias.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
MÉRCORES,
1 DE SETEMBRO.
GRUPO: CAXOTO.
OBRA: Que morro!!!
Esta
actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO
CAMIÑO.
XOVES,
2 DE SETEMBRO.
GRUPO: AULA DE TEATRO DO IES A PINGUELA 2021.
OBRA: Parodia dunha tarde de picnic.
HORARIO: 21:00 horas.
VENRES,
3 SETEMBRO.
GRUPO: Comando Curuxás.
OBRA: Curuxás.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal,
Santiago de Albá.
SÁBADO,
4 SETEMBRO.
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: Saberes da aldea.
AUTOR: Creación colectiva dirixida
por Metátese Teatro e Alentía Teatro.
HORARIO: 10:00 horas.
LUGAR: Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30.
MARTES,
7 DE SETEMBRO.
GRUPO: ESCOLA DE TEATRO DE TABOADELA.
OBRA: Os marcos da vida.
HORARIO: 21:00 horas.
MÉRCORES,
08 SETEMBRO.
GRUPO: MeRe Clown.
OBRA: Mere-cidamente.
HORARIO: 21:00 horas.
Esta
actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO
CAMIÑO.
XOVES,
9 DE SETEMBRO.
GRUPO: Grupo de Teatro Faro Miño, de Chantada.
OBRA: Risoterapia efervescente.
VENRES,
10 DE SETEMBRO.
GRUPO: Grupo ATENEO, de Pozuelo de Alarcón.
OBRA: Cena para dos.
HORARIO: 21:00 horas.
SÁBADO,
11 SETEMBRO.
GRUPO: Metátese Teatro, de Palas de Rei.
OBRA: A merliña.
DOMINGO,
12 SETEMBRO.
GRUPO: ALENTÍA TEATRO.
OBRA: Cos dentes… movendo nos
marcos.
XXI
PREMIO MÁCARA: Chelo do Rejo.
XVI PREMIO CAREÓN: Toño Núñez.
IV PREMIO “GARABATO” Á
CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL
Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, excepto a do venres
3, de setembro, que será no PARLADOIRO
de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá e o sábado, 4 de setembro, que
se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de
Santiago de Albá e que se sairá ás
10:00 horas do campo da festa desta aldea. Para poder asistir ás funcións
haberá que facer inscrición previa no teléfono 647565182 ou no correo
electrónico metateseteatro@gmail.com
O sábado, 4 de setembro, entregarase o XVI Premio Careón ao escritora Toño Núñez
en recoñecemento ao seu labor como escritor e dinamizador da cultura galega.
Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXI Premio Mácara a Chelo do Rejo pola
súa traxectoria profesional como actriz e o seu apoio, vivenciación e defensa
da cultura rural. O sábado, 11 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura
de Palas, entregarase o IV PREMIO
“GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL,dotado
con 1000 euros e plica a unha entidade que se distingue pola súa labor na
defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.
Hoxe en día a
MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do
panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis
de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da
península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia...
Para máis información:
http://teatrometatese.blogspot.com.es/
Ou nos teléfonos 655345123 (Afonso) ou 670523688 (Xosé
Manuel).
BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario