NORMAS COVID-19
XXI MOSTRA INTERNACIONAL
DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI
TEATRO
NO CAMIÑO DE SANTIAGO (PALAS DE REI)
ANO 2020
1.- DO EDIFICIO DA CASA
DA CULTURA.
−
A Mostra de Teatro desenvolverase no espazo físico do
andar baixo da Casa de Cultura (vestíbulo de entrada; aseos; vestiario e salón
de actos). Este espazo deberá limparse e desinfectarse antes de cada
espectáculo e do acceso dos técnicos, actores e publico ao recinto, e
ventilarse a diario.
−
Por todo este espazo estarán instalados carteis
informativos e difusores de xel hidroalcólico.
−
O acceso ao espazo da Mostra estará controlado en todo
momento desde o inicio da montaxe de cada obra ata o remate da desmontaxe.
−
En todo o espazo será obrigatorio o uso en todo momento
da máscara e de xel hidroalcólico.
−
O acceso aos aseos será controlado e individualizado,
só pode acceder unha persoa de cada vez a cada un dos dous aseos. Debendo facer
uso da mascara e do dispensador de xel hidroalcólico ao entrar e ao saír dos
mesmos.
2.- DO MATERIAL TÉCNICO E
ARTÍSTICO.
−
O material técnico de son e iluminación instalado para
a Mostra, limparase e desinfectarase antes da súa instalación ao inicio da
Mostra e ao retirarse unha vez finalizada.
−
Todo aquel técnico que manipule ou estea en contacto
con calquera elemento do equipo de luz e son deberá facelo usando os EPI´s
adecuados para iso.
−
A mesa e os elementos de control de Luz e Son deberán
limparse e desinfectarse antes e despois de cada espectáculo.
−
Calquera material técnico, decorado ou atrezo das
compañías que realizan as actuacións, será unicamente manipulado polos membros
da mesma, sendo responsabilidade deles a súa limpeza e desinfeción.
3.- DOS ACTORES E
TECNICOS DOS GRUPOS PARTICIPANTES.
−
O acceso de todos os membros do grupo que participen en
cada unha das funcións estará controlado. Sendo obrigatorio o uso de xel
hidroalcólico e da máscara en todo o recinto (agás no escenario e unicamente
durante a actuación teatral).
−
Todo aquel que manipule ou estea en contacto con
calquera elemento do escenario ou do atrezo fixo deste deberá facelo usando os
EPI´s adecuados para iso.
−
Calquera material ou elemento das compañías que
realizan as representación, será unicamente manipulado polos membros da mesma,
sendo responsabilidade deles a súa limpeza e desinfeción.
4.- DO PÚBLICO ASISTENTE
E DAS FUNCIÓNS.
−
O aforo do Salón de actos reducirase para manter a
distancia de seguridade.
−
Priorizarase a reserva anticipada.
−
Informarase aos asistentes con carteis e na web oficial
da Mostra (http://teatrometatese.blogspot.com.es/) das medidas de seguridade
obrigatorias para os asistentes.
−
É obrigatorio o uso de xel hidroalcólico e da máscara
en todo o recinto en todo momento.
−
Tomaremos a temperatura a entrada, sendo a máxima
permitida de 37,5º. Reservámonos o dereito de admisión para evitar que calquera
persoa con posibles síntomas de coronavirus acceda ao recinto.
−
O acceso será individualizado e graduado ao igual que a
saída. Unha vez ocupada a cadeira asignada non se pode un mover dela agás por
algunha causa de forza maior que sexa xustificable.
−
Non se pode comer, nin beber, nin chuspir, nin fumar en
todo o recinto e os teléfonos móbiles deberán permanecer apagados.
−
Os menores de 5 anos deberán ir acompañados por un
adulto.
−
Non se permite o acceso de animais.
PROTOCOLO DE ACCESO.
−
Calquera asistente con problemas de mobilidade e/ou que
por cuestións de saúde non poida ter posta a mascara debera comunicalo con
anterioridade para dispoñer dun lugar acorde ás súas circunstancias, e de ser
posíbel usar pantalla ou outros elementos.
−
Antes da apertura de portas pedirase ao público que se
congregue no exterior da Casa da Cultura que cumpra as normas de seguridade,
distanciamento e uso de máscara. E que lean os carteis coas normas de
seguridade colocada no exterior.
−
O acceso farase de un en un e por indicación dun dos
responsables da organización. Tendo preferencia aqueles que reservaron entrada
e teñen unha cadeira asignada.
−
Primeiramente aplicaráselle xel hidroalcólico sobre as
mans e mediránselle a temperatura, mentres se lle indicaran as normas de seguridade da Mostra.
−
Seguidamente conducirano ata o lugar que ten asignado e
indicaralle que non se pode mover ata que unha vez rematada a representación
llo indiquen (DEBE QUEDARLLE CLARO que
acceso é individualizado e graduado ao igual ca saída).
−
Unha vez completado o aforo ou cumprida a hora de peche
de portas, procederase ao peche, colocando carteis nas portas que indiquen que
non se pode entrar.
−
Antes de apagar as luces e comezar a función, o
presentador lembraralles aos asistentes as normas de seguridade.
−
Rematada a función o presentador indicará aos
asistentes o proceso graduado de saída que será dirixido polo persoal de
seguridade.
−
Unha vez que todos os asistentes estean fóra,
procederase ao peche das instalacións.
O INCUMPRIMENTO DALGÚN DESTES PROTOCOLOS DE SEGURIDADE OU
CALQUERA ALTERACIÓN DA ORDE PODE CAUSAR A EXPULSIÓN E IMPEDIR O ACCESO ÁS
DEMAIS FUNCIÓNS. ASÍ COMO A POSTA EN COÑECEMENTO DAS AUTORIDADES COMPETENTES
DOS FEITOS EN CUESTIÓN. A reservas caducarán ás 20.55 h. se non se fan
efectivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario