XX MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO


XX  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI,
TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO.



O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o Presidente da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato Vilar de Donas, Os Lobos, Xosé Manuel Pérez Paredes; a presidenta de Alentía Teatro, Xema Buján Mosteiro e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, presentaron está mañá no Salón de Plenos do Concello, ás 12:00 horas, a XX MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

            Nesta vixésima edición participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Haberá funcións na Casa de cultura de Palas de Rei, ás 21:00 horas; na Praza do Concello, ás 18:00 horas; no campo da festa de Santo Xusto, ás 17:30 (o sábado, 31 de agosto) e en Santiago de Albá, ás 20:00 horas, o venres 6 de setembro.



O programa desta edición queda como segue:


 MARTES, 27 DE AGOSTO.
GRUPO: BARAFUNDA TEATRO.
OBRA: BAÑISTAS DESPISTADOS.
HORA: 18:00 horas.
           
            Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO. ESTA FUNCIÓN REALIZARASE NA PRAZA DO CONCELLO.

MÉRCORES, 28 DE AGOSTO.
GRUPO: LILA TEATRO.
OBRA:
Duncan de palleiro.
HORARIO: 21:00 horas.

            Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa CULTURA NO CAMIÑO.

XOVES, 29 DE AGOSTO.
GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: VOGANDO NOS CONTOS.
HORARIO: 21:00 horas.




VENRES, 30 DE AGOSTO.

GRUPO: IARA TEATRO.
OBRA:
No berce da palabra.
HORARIO: 21:00 horas.


SÁBADO, 31  DE AGOSTO. (DOBRE FUNCIÓN)

No campo da festa de Santo Xusto:
GRUPO: METÁTESE TEATRO.
OBRA: O euromillón.
HORARIO: 17:30 horas.

Na Casa de Cultura de Palas de Rei:

GRUPO: METÁTESE TEATRO.
OBRA:
Na procura dun traballo.
HORARIO: 21:00 horas.

            ENTREGA DO II PREMIO GABRIEL BARREIRO TOURAL, “GARABATO”

DOMINGO, 1 DE SETEMBRO.

GRUPO: ATENEO, DE POZUELO.
OBRA: En el estanque dorado.
HORARIO: 21:00 horas.

MÉRCORES, 4 DE SETEMBRO.
GRUPO: CAXIGOS TEATRO, de Curtis.
OBRA: O conxuro das letras.
HORARIO: 21:00 horas.

XOVES, 5 DE SETEMBRO.
GRUPO: ALENTÍA TEATRO.
OBRA: Conversas teatralizadas con… Johan Photography
HORARIO: 21:00 horas.

VENRES, 6 DE SETEMBRO.

        Esta función será no Parladoiro de Arqueixal, en Albá con motivo da IX edición do Son d’aldea.

GRUPO: CAXOTO (Felipe Díaz).
OBRA: Daló de onde eu veño.
HORARIO: 21:00 horas.




SÁBADO, 07 SETEMBRO.
Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30.
GRUPO: SON D’ALDEA.
OBRA: Os ollos da experiencia.
AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro e Alentía Teatro.
HORARIO
: 10:00 horas.

XIX PREMIO MÁCARA: Manuel Vieites
XIII PREMIO CAREÓN: Ana Pillado Vega.
II PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL.


            Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás as funcións que se presentarán en Santo Xusto o sábado, 31 de agosto, que será ás 17:30 horas; a do venres, 6 de setembro, de CAXOTO (Felipe Díaz) que será ás 20:00 horas e que se escenificará na aldea de Albá e o propio espectáculo “Son d’ aldea”, que se realizará nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe e Pambre o sábado 7, de setembro, desde as 9::30 horas da mañá ata as 14:00.
 O sábado, 6 de setembro, durante a xornada de SON D’ALDEA, entregarase o XIV Premio Careón á escritora ANA PILLADO VEGA en recoñecemento pola súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega e o XIX Premio Mácara a MANUEL VIEITES pola súa traxectoria profesional como escritor e o seu apoio ao teatro. O sábado, 31 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o II PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL,dotado con 1000 euros e plica a unha entidade que se distingue pola súa labor de defensa do patrimonio cultural do rural.






            O sábado, 7 de setembro, nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe e Pambre celebrarase a XIX edición de SON D’ ALDEA, actividade protagonizada polos veciños e polas veciñas das aldeas do Concello. Trátase dun evento dinamizador da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala. (www.sondaldea.es)

Hoxe en día a  MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI- TEATRO NO  CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia...

Para máis información:


Ou nos teléfonos 655345123 (Afonso) ou 670523688 (Xosé Manuel).


BRINCAS, CAMIÑAS E SORRÍS DENTRO DE NÓS GABRIEL!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario