Os Quinquillans- "O capricho do teatro"
Comeza a XIV Mostra de teatro co grupo de Brión Os Quinquillans. "O capricho do teatro" é un percorrido pola obra do dramaturgo
compostelán Roberto Vidal Bolaño; un espectáculo didáctico que nos
permite lembrar ou descubrir momentos e persoaxes relevantes da obra de
Bolaño. Persoaxes que serían perfectamente recoñecibles no contexto
actual.
A proposta dos Qiunquillans traspasa a 4º parede non só para explicar a
obra de Bolaño, tamén para facernos reflexionar sobre o rumbo a tomar
polo teatro actual, a necesidade de reciclaxe e reinvención, saíndo dos espazos habituais para volver á rúa coma nos
comezos do grupo alá polo ano 1989, achegándose a un teatro máis
popular e preto da xente.
Presentación da XIV Mostra
Está mañá, ás 12:00 horas presentouse a XIV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei no Salón de Plenos do Concello de Palas de Rei. A presentación correu a cargo do Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, Afonso García Penas, director de Metátese Teatro e Zara García Pazos.
Nesta edición participarán 12 grupos de toda Galicia e Portugal e pasarán polo escenario máis de 250 actores e actrices.
Nesta edición participarán 12 grupos de toda Galicia e Portugal e pasarán polo escenario máis de 250 actores e actrices.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)